Noventa curtas para "explorar os límites do fantástico e do terror" no Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía

O Salnés
19 de setembro 2025

Haberá unha selección de filmes, con 13 estreas mundiais e 23 en España que, afirma o festival, "levarannos aos reinos da imaxinación a través de viaxes no tempo e terrores innomeables"

Cartel da 53ª edición de Curtas Festival do Imaxinario
Cartel da 53ª edición de Curtas Festival do Imaxinario / Curtas Festival do Imaxinario

Máis de noventa curtametraxes de todo o mundo formarán parte da programación oficial dunha nova edición, o número 53, de Curtas Festival do Imaxinario, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa entre os días 24 de outubro e 2 de novembro.

Todas elas darán forma a un festival que, segundo a organización, promete ser un evento "emocionante e cheo de sorpresas" e que ofrecerá aos espectadores unha selección de películas "que exploran os límites do fantástico e do terror".

Curtas Festival do Imaxinario ofrecerá unha ampla selección de filmes, con até trece estreas mundiais e vinte e tres debuts en España, "que nos levarán aos reinos da imaxinación a través de viaxes no tempo e terrores innomeables", subliñan os seus directores.

A sección oficial, que se celebrará baixo o nome de 'Arrepíos', estará composta por 33 curtametraxes de terror e suspense que, advirten os organizadores, "xearan o sangue". Serán, maioritariamente (20), producións españolas.

Así, exhibiranse 893 Kilómetros, de Rubén Guindo; Amira, de Javier Yañez; Ángulo Muerto, de Cristian Beteta; Bell, de Galar Egüén; Camping Coyote, de Chico Morera; Cosa Mala, de Gero Costas; Depredador, de Javier Fesser; El revisor, de Jandro; Erreka Zoko Hortan, de Ekaitz Bertiz; ou Fumigón, de Dani Asensio.

A elas sumaranse Glory Hole, de Andoni Fernández; Killjote, de Ángel Villahermosa; La elegida, de Sergio Morcillo; Listen, de Javi Prada; Menú del día, de Denim Candenza; Tap Tap, de Fernando Camacho; Tinieblas, de Raúl Cerezo e Carlos Moriana; Triangle, de Joseph Diaz; Tulpa, de Pablo Pastor; e Unprovidence, de Victor Marín.

Doutras latitudes chegarán Black Fog, de Jud Willmont e Nicholas Z. Scott (China); Cosmic Crash, de James Smith (Alemaña); Daughter, de Jorge Sermini (Bélxica); Follow You, de Alexandre Mullen (Canadá); Hide, de Brenden Hubbard (Estados Unidos); Isolation, de Chih-Chieh Yu (Taiwan); ou Night Whispers, de Adrián León (Reino Unido).

Opuesto, de John Mario Rivera (Colombia); Síndrome del impostor, de Jennifer Rosiquez (México); Stigmate, de Bigot Stephen (Francia); The Night Nanny, de Mohammad Amin Nicknejad (Irán); The Severing, de Nicholas Kaiden (Holanda); e Xarax, de Salil Jason Fernández (India) completarán esta sección oficial.

Quince serán, pola súa banda, as producións que formarán parte da sección Feito en Galicia, entre elas Áncora, de Miguel R. Berride; Boca de Asno, de Carlos Calvar; Gralla, de Rebeca Tella e Daniel Filloy; Hippocampus, de Xaime Miranda; Mocos Verdes, de Roberto Cid; Nai, de Perico Refoxo; ou Nas Ondas do Tempo, de Adrián Porima.

Ademais, dentro desta oferta galega poderanse ver O Corpiño, de Antía Rodeiro e Blanca Navarrete; O Interrogatorio, de José Ignacio Rodríguez Varela; O Porco, de Hugo R. Morgado; Orzán, de Omar Rabuñal Varela; Os Retornados, de Rocío Diz; Santa Compaña, de Mateo Bouzada; ou Senda Estrela, de Eva Vaeli e Manu Sacoga (España, 2025).

TRES SECCIÓNS PARALELAS

En Futuros posibles, o apartado que Curtas Festival do Imaxinario dedica aos amantes da ciencia ficción e a especulación científica, exhibiranse oito filmes, entre eles tres de firma española: El aspirante, de Anahita Qarcheh e Soroush Javadzadeh; Los Muchachos, de Alejandro Artiles; e Refugios, de Kiko Prada.

Para AlbertCamus, de Giovanni Nodari (Italia); Missing Parts, de Tamás Rolfesz (Hungría); Selvedge, de Aleksandra Czenczek (Reino Unido); Threshold, de Ash Gray (Australia); e Update, de Luca Violante (Italia); son as outras cinca curtos que se exhibirán.

Nove son, pola súa banda, os seleccionados para a sección Novos horizontes, reservada para novas formas narrativas e experimentais, como os españois Plastificados, de Nerea Úbeda; The Boy Who Cheated Death, de Pipou Phuong Nguyen; ou Los Elegidos, de Fercks Castellani; este último unha coprodución con Arxentina, Chile e Uruguai.

Estarán tamén Blu's, de Rajesh PK (India); Ilhoa (Islander), de Margarida Saramago (Portugal); Kin Akhten, de Reza Mirzaei (Irán); Pecado, de Gui Merlino e Xuliana Lourenção (Brasil); Starver, de Parsa Zahedi (Irán); e Yathoom, de Hana Kazim (Emiratos Árabes).

E, por último, en Outras realidades que, segundo os organizadores, mostrarán aos público "mundos que non son o noso e fantasías máis aló da imaxinación", participarán un total de quince curtametraxes, entre elas catro de realizadores españois.

Son A cenar, de Robert Rabanal; A-Maniki, de Elixabet Núñez; Bicimaníacos, de Arturo Artal e Juan Carrascal; e The Mountain, de Andrés Villaseñor.

Xunto a elas haberá tres producións canadenses, Echo, de Vitoria Catherine Long; Last Night Stand, de Pierre-Luc Gosselin; e The Hum, de Rémi Fréchette e Émilie Sigouin; ou dúas chegadas desde Irán, Land of the Dead Deer, de Anahita Qarcheh e Soroush Javadzadeh; e Taxidermist, de Sousan Salamat Chaghooshi e Behzad Alavi.

A lista complétana Bridge, de Kazuyuki Ishihara (Xapón); Hope, de Ahmed Zayani (Bahréin); Hunter, de Pavlos Sifakis (Grecia); Snack Time, de Alphonse Ferrari (Francia); The Hunter's Ballad, de Evian Chen Peng (Estados Unidos); e The Itch, de Gordon Phillips (México).

DÚAS NOVAS EXPOSICIÓNS

Ás proxeccións das curtametraxes seleccionadas, a organización do Curtas Festival do Imaxinario suma dúas novas exposicións que se poderán visitar no marco do festival.

Unha delas será Santipérez, unha vida debuxando pesadelos, que repasará a obra do artista madrileño Santiago Pérez Domínguez, un dos mellores ilustradores de terror.

O autor logra impregnar ás súas obras dunha atmosfera lúgubre e fantástica, plasmando en imaxes desde os arquetipos do terror até os oníricos mundos de Lovecraft.

Pola súa banda, En As raias do dragón, a obra gráfica de Tomás Hijo, o público poderá coñecer unha mostra do traballo deste ilustrador de Salamanca, a súa persoal homenaxe aos libros e as películas que lle emocionaron desde sempre.

Nesta mostra, os espectadores atoparán desde os mundos de J.R.R. Tolkien (O hobbit e O señor dos aneis) a Guillermo del Toro con obras que, na súa maioría, foron realizadas coa técnica de gravado sobre linóleo e iluminadas posteriormente con acuarelas.