A historiadora María Vidal Solla será este ano a encargada de darlle a benvida ao maio.
Será na previa á celebración do concurso que terá lugar na Praza da Ferrería de Pontevedra este xoves 1 de maio, a partir das 11:00 horas.
É a festa coa que o Concello celebra a tradicional Festa dos Maios.
Nesta edición participarán os maios de San Xulián de Marín, Marcos da Portela, Maio de Figueirido, Maio da Asociación cultural-deportiva Campañó, Maio do colexio Froebel, Maio do colexio Campolongo e Maio de Marcón.
Todos eles disputaranse os premios ao mellor maio, interpretación, coroas e cantigas.
Ademais, haberá un premio especial do xurado e 150 euros para cada maio só por participar.
A Concellaría de Cultura fai unha achega de 6.250 euros para os premios do concurso.