A sede do Liceo Casino de Pontevedra acolleu este venres unha xornada especial en relación á pintura.
Alí celebrouse unha conferencia sobre o pintor Fernando Álvarez de Sotomayor, con motivo do seu aniversario.
Na xornada interveu María Fidalgo Casares, doutora en Historia da arte pola Universidad de Sevilla e integrante da Academia Andaluza da Historia, da Real Academia de Ciencias, Artes e Letras de San Romualdo de San Fernando.
O acto foi presentado por Rosanna López Salgueiro.