O Festivala regresa a Vilagarcía de Arousa o sábado 8 de xuño, a partir das 19.00 horas, na Praza da II República.
O colectivo feminista O Soño de Lilith, en colaboración co Concello de Vilagarcía, pon en marcha esta iniciativa que potencia a música en feminino e a reivindicación da igualdade.
Henar Álvarez, guionista e colaboradora do programa Buenismo Ben da Cadena Ser, abrirá a xornada do Festivala coa presentación da súa novela 'Ansia', con coloquio posterior.
Os concertos desenvolveranse a continuación con Fillas de Cassandra, Brassica Rapa, Zeltia Irevire, Argallo e Señora DJ.
Todas as actividades son gratuítas e teñen como obxectivo dar acceso a todo o público á cultura desde a perspectiva de xénero con visibilidade das mulleres creadoras.