Unha persoa tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital de Montecelo despois de ser recollida inconsciente da auga na praia de Lapamán, situada na parroquia de Cela, no concello de Bueu.
O aviso ao centro de atención ás emerxencias realizouse minutos antes das 19:30 horas deste martes 30 de xuño, cando un particular contactou co 112 Galicia para alertar da situación.
Segundo a información facilitada polos servizos de intervención, no momento do aviso a persoa xa se atopaba fóra da auga.
Un grupo de bañistas comezaron a realizarlle manobras de reanimación directamente sobre a area.
O operativo asistencial contou coa mobilización de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O persoal médico se encargou de estabilizar a persoa afectada e proceder ao seu traslado en ambulancia ata o centro hospitalario pontevedrés. No operativo tamén participaron de forma coordinada os axentes da Garda Civil.