Ao Surfing the Lérez non podía faltar unha das grandes referencias da música galega actual. E é que Grande Amore foi confirmado para a próxima edición do festival.
A banda liderada por Nuno Pico subirá ao escenario da Illa das Esculturas durante o festival, que se celebrará os días 12 e 13 de xuño.
Así, o que se denomina como o grupo máis ruidoso a súa xeración, "os máis rockeiros e os menos rockeiros ao mesmo tempo", será un dos atractivos do cartel.
A Grande Amore sumarase unha banda emerxente que empezou a abrirse un oco no panorama nacional, os mallorquinos Cora Yako.
En Pontevedra presentarán o que é o seu terceiro disco, Mil pequeños cortes, mostrando o seu canto á melancolía e á destrución, pasando dun tema a outro da música máis lixeira á máis dura… e sen avisar previamente.
A terceira desta nova remesa de confirmacións é Elegnelo, unha DJ emerxente na escena electrónica cunha proposta que non pasará desapercibida.
Todos eles incorpóranse a un cartel do que xa se avanzaran algúns nomes.
Así, estarán no Surfing the Lérez 2026 bandas e artistas como Niños Bravos, Mad Foxes, 9Louro, Freedonia e Estrogenuinas.
Os anuncios continuarán ao longo das próximas semanas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.