Gústache cantar? A Coral Polifónica precisa voces masculinas

Pontevedra
13 de outubro 2015

O vindeiro venres 23 de outubro ás 20.30 horas vai celebrarse a Xunta Xeral Ordinaria da Sociedade Coral Polifónica nos salóns do Liceo Casino de Pontevedra

Concerto da Coral Polifónica na igrexa de San Francisco Diego Torrado

A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra comezou o curso 2015-16 coa volta aos ensaios no local Centro Sur, situado nun dos antigos edificios da Once en Campolongo, cedido polo Concello de Pontevedra.

A dirección da Coral convida a todas aquelas persoas afeccionadas ao canto coral para que pasen a formar parte desta agrupación histórica. Desde a Polifónica alertan da necesidade de voces masculinas.

Por outra banda, comunícase a todos os socios da Coral Polifónica que o vindeiro venres 23 de outubro ás 20.30 horas celebrarase unha xunta xeral ordinaria nos salóns do Liceo Casino de Pontevedra.

Fonte: Youtube. Autor: ponsveteris