O centenario do nacemento de Ricardo Portela foi motivo este mércores dun sinxelo pero emotivo acto de homenaxe en Cerdedo-Cotobade
O alcalde, Jorge Cubela, recoñeceu que o goberno local non quixo deixar pasar a ocasión de render tributo ao 'Gaiteiro de Viascón', un dos intérpretes tradicionais máis singulares de Galicia.
Marcado polas restricións derivadas da Covid, o acto celebrouse ao redor do busto do músico situado na Praza do Concello en Carballedo.
Consistiu nunha ofrenda floral acompañada da música dos Trazantes de Tenorio.
Cubela quixo destacar a achega de Portela, un veciño ilustre "que contribuíu co seu esforzo e dedicación a dignificar a nosa música e o noso folclore reivindicando a gaita como un instrumento digno e versátil. Foi un auténtico artista e un orgullo para todos os veciños de Viascón e de Cerdedo-Cotobade", sinalou o rexedor.