Este venres 12 de setembro ás 20:00 horas, o programa de Artes Vivas da Bienal 2025 ten unha cita sorprendente: Hugo Torres chega coa súa proposta Bahía Botánica.
Hai cinco anos, Hugo topouse cun aparello capaz de traducir a pulsación vital das plantas en música. Desde entón, non só as escoita, agora tamén lles fala.
Bahía Botánica é precisamente iso: unha conversación sonora entre especies, un diálogo íntimo entre un ser animal —Hugo— que busca o seu lugar no mundo, e un ser vexetal que só quere seguir o sol… e ser feliz.
Actor, músico, compositor e director artístico, Hugo Torres naceu en Viseu (Portugal) e deu os seus primeiros pasos nas artes escénicas ao seis anos, na compañía Trigo Limpo de Tondela.
Formouse en teatro e interpretación en Porto e formou parte do elenco estable do Teatro Nacional São João durante unha década.
A principios dos 2000 instalouse en Barcelona para estudar cine e desde 2007 vive en Santiago de Compostela, onde cofundó a compañía Voadora xunto a Marta Pazos. Entre os seus recoñecementos destaca o Premio María Casases á mellor música orixinal por Tokio3.
Desde a organización da Bienal advirten que a programación pode sufrir cambios por causas externas como o clima ou imprevistos.
Esta actividade teñen entrada libre até completar aforamento.