Bienal de Arte 2025

Presentación da Bienal de Artes Vivas en Santa Clara

Nace a Bienal de Artes Vivas que en 2026 converterá Santa Clara nun novo motor cultural

17/12/2025
Pontevedra

Pontevedra prepárase para unha nova fase cultural coa confirmación de que o histórico convento de Santa Clara será o escenario que acolla a Bienal de Artes Vivas en xullo de 2026. A Deputación de Pontevedra presentou este mércores, 17 de decembro, na propia igrexa do convento, os detalles dun proxecto que pretende...

Anxo Lourido
Cristina Saiz
Rafa Domínguez ensina algunhas das obras da Bienal

Novo recoñecemento para a Bienal de Arte, agora nos Premios Agripina

26/11/2025
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra celebra un novo logro para a Bienal de Arte 2025, que acaba de ser distinguida nos prestixiosos Premios Agripina de publicidade, márketing e comunicación. Este recoñecemento na categoría Internacional, anunciado nunha gala celebrada no Auditorio Cartujo de Sevilla, chega apenas unhas semanas despois de que a Bienal fose...

Anxo Lourido
Peche da Bienal de Arte de Pontevedra

Balance do impacto do regreso da Bienal a Pontevedra: 125.000 espectadores e o aval de case 9 de cada 10 persoas para repetir en 2027

07/10/2025
Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez salientan os máis 125.000 visitantes que pasaron polas sedes da Bienal ao longo dos 102 días de "explosión cultural" que viviu a provincia de Pontevedra co regreso, despois de 15 anos de ausencia, da Bienal de Arte de Pontevedra. No Edificio...

Noticia patrocinada
Acto de peche da Bienal 2025

A Bienal de Arte pecha con máis de 125.000 visitantes e un "respaldo rotundo" da cidadanía

06/10/2025
Pontevedra

A Bienal de Arte de Pontevedra pechou a súa 32ª edición cun amplo respaldo cidadán, segundo destacaron o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, e o vicepresidente e responsable do Museo provincial, Rafa Domínguez, durante o acto de balance celebrado este luns no claustro do Edificio Castelao. Segundo os datos...

Oskar Viéitez
Seminario 'Volver ser humanos' na UNED Pontevedra dentro da Bienal

Pensamento humanista na UNED co seminario "Volver ser humanos"

27/09/2025
Pontevedra

O centro universitario pontevedrés da UNED clausurou con notable éxito o encontro internacional "Volver Ser Humanos", unha cita que se converteu nun laboratorio de ideas sobre o futuro da humanidade. O seminario, enmarcado na XXXII Bienal de Arte promovida pola Deputación de Pontevedra, congregou a recoñecidos filósofos, artistas e académicos de...

PontevedraViva
Clausura de la Bienal de Arte de Pontevedra

Unha Bienal para lembrar: Pontevedra volve brillar coa arte contemporánea como bandeira

27/09/2025
Pontevedra

Este venres, a arte contemporánea baixou o pano con aplausos no Pazo Provincial de Pontevedra. O presidente da Deputación, Luís López, e o vicepresidente, Rafa Domínguez, clausuraron a programación da 32ª edición da Bienal de Arte de Pontevedra, unha cita cultural que, tras 15 anos de silencio, regresou ao grande...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Antón Castro

Seres indóMITOs: Antón Castro

21/09/2025
Pontevedra

Falar de Antón Castro é falar de alguén que fixo da cultura un compromiso vital. Comisario da Bienal e referente indiscutible no ámbito artístico, é moito máis que un xestor cultural: é un visionario capaz de tender pontes entre a creación e a sociedade, de ler o presente con ollos...

Guillermo M. Meijón-Corujo
Homenaxe a Carlos Taboada no Museo de Pontevedra

Carlos Taboada, creador de mundos, polifacético, poliédrico e unha pegada indeleble en Pontevedra

14/09/2025
Pontevedra

Os adxectivos son case infinitos cando se trata de definir a Carlos Taboada, creador multidisciplinar pontevedrés falecido o pasado 13 de agosto aos 45 anos. Escritor, ilustrador, editor, "creador de mundos", "polifacético", "poliédrico", "boa persoa", "amigo, "fiel aos seus principios", "amante da súa familia", "un pilar"... todos soaron este sábado na...

Natalia Puga
Cristina Saiz
Carmen Hermo

Seres indóMITOs: Carmen Hermo

14/09/2025
Pontevedra

Falar de Carmen Hermo é deterse nunha vida entregada á arte, pero tamén ás persoas. Artista en maiúsculas, Carmen ten a capacidade de transformar o cotián en poesía visual, de regalarnos coas súas obras unha linguaxe íntima e universal á vez. Pero máis aló do seu innegable talento creativo, está...

Guillermo M. Meijón-Corujo
Carlos Taboada nun acto de Polo Correo do Vento

Homenaxe a Carlos Taboada este domingo 14 no Museo de Pontevedra

11/09/2025
Pontevedra

O Museo de Pontevedra acollerá este domingo 14 de setembro unha xornada de homenaxe a Carlos Taboada, o ilustrador e escritor pontevedrés falecido o pasado 13 de agosto aos 45 anos, que deixou un gran baleiro no mundo da cultura e a educación creativa galega. A actividade, organizada por Kike Mauricio,...

Anxo Lourido
Grupo de urban sketchers de Pontevedra

Sabes quen son os urban sketchers? Descúbreo na Bienal

09/09/2025
Pontevedra

Son persoas que saen co seu caderno e os seus lapis á rúa e ponse a debuxar o que ven. Así, sen filtros. Escenas da vida cotiá, edificios, prazas, parques, persoas tomando un café ou esperando o bus… Todo o que forma parte do día a día nunha cidade pode acabar...

Oskar Viéitez
Hugo Torres

Hugo Torres traduce a pulsación vital das plantas en linguaxe musical

09/09/2025
Pontevedra

Este venres 12 de setembro ás 20:00 horas, o programa de Artes Vivas da Bienal 2025 ten unha cita sorprendente: Hugo Torres chega coa súa proposta Bahía Botánica. Hai cinco anos, Hugo topouse cun aparello capaz de traducir a pulsación vital das plantas en música. Desde entón, non só as escoita,...

Oskar Viéitez
Nuria Sotelo e Luz Arcas

Estrea absoluta de "Fóra de si" na Capela da Lanzada este venres

04/09/2025
O Salnés

O ciclo de Artes Vivas da Bienal de Pontevedra chega este venres a Sanxenxo coa estrea absoluta de "Fóra de si", unha peza de danza que se representará ás 21:00 horas na Capela da Lanzada con entrada libre ata completar a capacidade do recinto. A intervención está protagonizada por Nuria Sotelo...

Anxo Lourido
Gabriel Tizón

Gabriel Tizón en conversa con Antón Sobral nunha nova sesión do ciclo da Bienal 2025

26/08/2025
Pontevedra

Este mércores, 27 de agosto, ás 20:00 horas, haberá unha nova sesión do Ciclo Conversas con Artistas. O fotógrafo Gabriel Tizón falará con Antón Sobral sobre unha traxectoria marcada polo compromiso social, o testemuño directo e a forza poética da imaxe. Nado en Ferrol en 1973 e formado no ámbito do fotoperiodismo, Tizón traballou en máis...

Oskar Viéitez
Cris Balboa presenta 'Sinte'

Cris Balboa converte o Liceo Casino nun espazo de liberación emocional co seu espectáculo 'Sinte'

09/08/2025
Pontevedra

O Liceo Casino de Pontevedra acolleu este venres unha das propostas máis singulares da actual edición da Bienal que organiza a Deputación de Pontevedra. 'Sinte', o espectáculo da creadora galega Cris Balboa, transformou o histórico espazo nun lugar de encontro onde a música electrónica, a palabra e o movemento corporal converxeron...

PontevedraViva
Mónica Patxot
Rafa Domínguez coa equipa comisarial da Bienal de Pontevedra

A Bienal supera todas as expectativas, con máis de 48.000 visitantes no seu ecuador

06/08/2025
Pontevedra

A Bienal de Arte de Pontevedra rexistrou 47.409 asistentes nas súas diferentes sedes expositivas e programas paralelos "superando todas as expectativas". O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, expresou a súa satisfacción ante esta alta participación na "cita cultural máis relevante do verán en Galicia" e subliñou o "impacto positivo"...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Marta Pazos e Rafa Domínguez

Presentan "Dalia", o emocionado recordo que fai Marta Pazos da súa avoa co que dialoga coa colección do Museo

01/08/2025
Pontevedra

O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolleu este venres a inauguración da obra "Dalia", de Marta Pazos, dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, un programa que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo. A pontevedresa Marta Pazos é directora de escena de teatro e ópera, escenógrafa,...

Oskar Viéitez
Presentación da colección de merchandising da Bienal de Pontevedra

A Deputación e a Facultade de Deseño presentan a colección B32, deseñada para a Bienal e dispoñible xa na tenda do Museo

11/07/2025
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e a Facultade de Deseño da Universidade de Vigo presentaban este xoves B32, a colección de merchandising oficial deseñada para a Bienal de Arte e dispoñible xa na tenda do Museo de Pontevedra, no Edificio Castelao. Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación e responsable da área de Cultura, subliñou...

Noticia patrocinada
Bienal de Arte de Pontevedra

As visitas guiadas á Bienal serán gratuítas e terán lugar os xoves, sábados e domingos

09/07/2025
Pontevedra

A Deputación activa as visitas guiadas á Bienal de Pontevedra, que terán lugar os xoves, sábados e domingos para achegar ao público os contidos e espazos desta edición. Serán itinerarios alternativos gratuítos en diferentes horarios e localizacións, facilitando o acceso a todas as sedes da Bienal, que requiren inscrición previa obrigatoria e ofertan 20...

Oskar Viéitez
Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra interactuando cunha das obras da Bienal

"Quixemos facer unha Bienal pegando unha puñada na mesa dicindo: estamos aquí"

06/07/2025
Pontevedra

A Bienal de Arte de Pontevedra, a máis antiga de España, regresou á Boa Vila despois de quince anos de ausencia revelándose como un escenario vibrante de reflexión, debate e celebración da cultura contemporánea. Segundo asegura o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, "o verdadeiro artífice" da recuperación da Bienal...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Performance de Marta Fernández Calvo

"Unha vaixela, unha premonición" de Marta Fernández Calvo e Su Garrido Pombo emociona o público na Bienal

05/07/2025
Pontevedra

O claustro do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolleu este venres a performance "Unha vaixela, unha premonición" da artista Marta Fernández Calvo, coa colaboración da cantante viguesa Su Garrido Pombo. Trátase dunha actividade que forma parte da programación de "Artes vivas" da Bienal de Pontevedra. A acción escénica activou un arquivo emocional...

PontevedraViva
Marta Fernández Calvo

O programa de Artes Vivas da Bienal presenta a proposta da artista Marta Fernández Calvo

03/07/2025
Pontevedra

A Bienal de Pontevedra continúa a súa programación de Artes Vivas coa presentación de Unha vaixela, unha premonición, a última performance da artista Marta Fernández Calvo, que terá lugar este venres 4 de xullo, ás 20:00 horas, no claustro do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Acompañada pola cantante galega Su Garrido...

Oskar Viéitez
'Libertas', a performance de Vasco Araújo na Bienal de Arte de Pontevedra

Así foi o 'coro dos escravos' que percorreu Pontevedra "en defensa da liberdade"

28/06/2025
Pontevedra

Máis de trescentas persoas vestidas de branco percorreron as rúas de Pontevedra. Foi o 'coro dos escravos' que o artista portugués Vasco Araújo quixo xuntar nunha marcha "en defensa da liberdade". Foi a súa proposta para a Bienal de Arte de Pontevedra. Esta acción colectiva supuxo a estrea do programa de...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Intervención artística de Patrick Warrener sobre a fachada da Peregrina

A Peregrina, como nunca antes vista para dar a benvida á Bienal de Arte

21/06/2025
Pontevedra

Nunca antes o santuario da Peregina luciu de tal maneira, con toda unha explosión sensorial de luz e cor. O recoñecido artista francés Patrick Warrener, referente internacional na arte da iluminación arquitectónica, protagonizou este venres a primeira intervención da 32 Bienal de Arte de Pontevedra, e fíxoo en todo un símbolo...

Diego Espiño
Mónica Patxot
Escena da película 'Diamantes en la noche' de Jan Němec

A película checa 'Diamantes na noite', punto de partida do ciclo 'Cine, arte e guerra'

27/05/2025
Pontevedra

Reflexionar sobre a guerra a través do cinema é o obxectivo do ciclo 'Cine, arte e guerra', a primeira das actividades que, a modo de antesala, precederán a celebración da Bienal de Arte de Pontevedra, que se inaugurará o próximo 21 de xuño. Seis serán as sesións deste ciclo, impulsado en colaboración...

Alejandro Espiño
Visita de Rafa Domínguez á Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes será unha das trece sedes da Bienal de Pontevedra

21/05/2025
Pontevedra

A sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra, situada no edificio administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal, será un dos trece escenarios nos que se desenvolverá a Bienal de Pontevedra. Así o confirmou o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, nunha visita a esta fundación, asegurando que...

PontevedraViva
Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación

Adxudicada por 168.000 euros a seguridade e vixilancia das obras da Bienal

16/05/2025
Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou este venres que o goberno provincial acaba de adxudicar por 168.000 euros o servizo de seguridade e vixilancia da 32ª edición da Bienal de Arte. O obxectivo deste contrato é "garantir a seguridade tanto dos espazos expositivos como das obras que exporemos, así como artellar o correspondente...

Oskar Viéitez
Presentación da imaxe e a campaña de promoción da Bienal de Arte

A Bienal presenta a imaxe coa que se proxecta como un evento de repercusión global

07/05/2025
Pontevedra

A fachada do Pazo Provincial amosa dende este mércores a imaxe institucional da trixésimo segunda edición da Bienal de Arte de Pontevedra. A imaxe promocional da Bienal de Arte tamén está visible en múltiples soportes publicitarios repartidos pola cidade de Pontevedra. Baixo o lema A Arte Volve, preséntase tamén unha campaña que "ten unha estética moi moderna, cunha...

Oskar Viéitez
Pablo Ajuria - Brais Porto
Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra

A Deputación destina 540.000 euros para o transporte e montaxe das obras da Bienal de Arte

02/05/2025
Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou dos asuntos aprobados este venres na Xunta de Goberno provincial "nunha semana cargada de importantes avances e moitos recursos para esta provincia", contretamente 3,8 millóns de euros para cultura, deporte e investimentos en concellos. Entre o máis destacado, a Deputación de Pontevedra...

Oskar Viéitez
Rafa Domínguez, vicepresidente de la Deputación

Contratado o servizo de seguridade e vixilancia da Bienal de Arte por preto de 200.000 euros

14/03/2025
Pontevedra

O goberno provincial da Deputación de Pontevedra mobilizou este venres dous millóns de euros en materia de infraestruturas deportivas, investimentos en concellos e cultura. En ausencia do presidente provincial Luís López, de viaxe institucional en Xapón, foi o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, quen compareceu en rolda de prensa para dar...

Oskar Viéitez
Presentación da Bienal de Arte de Pontevedra en ARCOmadrid

ARCOmadrid, testemuña de excepción para a presentación da Bienal de Arte de Pontevedra

08/03/2025
Pontevedra

Ata ARCOmadrid, a principal feira de arte contemporánea de España, chegaron os ecos do esperado regreso da Bienal de Arte de Pontevedra que, trinta e cinco anos despois, ultima os detalles da que será a súa edición número 32. "Consideramos que pagaba a pena recuperala para consolidarnos como puntal cultural de...

Alejandro Espiño
Presentación da 32 Bienal de Arte Pontevedra en Fitur

"Recuperar a Bienal permitiranos proxectar a Pontevedra como un referente no circuíto cultural"

22/01/2025
Pontevedra

"Recuperar a Bienal permitiranos proxectar a Pontevedra como un referente no circuíto cultural". Así o defendeu este mércores o vicepresidente da Deputación Provincial, Rafa Domínguez, durante a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur.  Domínguez e o presidente da Deputación, Luis López, presentaron en Fitur o regreso da Bienal, a máis antiga de...

PontevedraViva
Intervención de Gervasio Sánchez no ciclo 'Conversas con arte'

'Conversas con arte' con Gervasio Sánchez como antesala á Bienal de 2025

26/11/2024
Pontevedra

O fotoxornalista Gervasio Sánchez protagonizou este luns unha nova edición do ciclo 'Conversas con arte', que busca achegar distintas manifestacións artísticas á cidade de Pontevedra. Celebrada no Salón de Plenos do Pazo Provincial, sede da Deputación, a sesión foi unha antesala do regreso da Bienal de Arte en 2025, pois Gervasio Sánchez...

Mónica Patxot
PontevedraViva
Roberto Cicutto, presidente de la Biennale di Venezia

Irmandade entre as Bienais de Pontevedra e Venecia

12/10/2024
Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, conseguiu irmandar as Bienais de Pontevedra e Venecia para fortalecer relacións institucionais e explorar oportunidades de colaboración. O presidente da Biennale di Venezia, Roberto Cicutto, aceptou o convite trasladado por Domínguez para asistir á inauguración da Bienal de Pontevedra. Neste primeiro día na cidade...

PontevedraViva
Biennale di Venezia

A Biennale di Venezia invita á Bienal de Pontevedra para establecer sinerxias culturais

10/10/2024
Pontevedra

Esta fin de semana o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, r parte de equipo comisarial da Bienal de Pontevedra, integrado por Antón Castro, Ángeles Tilve e Agar Ledo, desprazaranse ata Italia convidados pola organización da Biennale di Venezia. O obxectivo deste encontro é "continuar avanzando na expansión internacional da mostra...

Oskar Viéitez
Rafa Domínguez saúda ao fotógrafo israelí Miki Kratsman

O fotógrafo israelí Miki Kratsman confirma que participará na Bienal de Arte

27/09/2024
Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de recibir no Museo de Pontevedra ao fotógrafo israelí Miki Kratsman e confirmou que participará na recuperada Bienal de Arte. Na súa visita, o artista percorreu da man de Domínguez o Edificio Castelao e a exposición 'A Era das Fábulas'. A XXXII...

PontevedraViva
Rafa Domínguez e Manuel Casimiro

Os artistas Marina Núñez e Manuel Casimiro confirman a súa participación na Bienal

09/09/2024
Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra Rafa Domínguez acaba de recibir no Museo de Pontevedra a artista española Marina Núñez e o portugués Manuel Casimiro e confirmou que serán dous dos participantes da recuperada Bienal de Arte.  Na súa visita, ambos os dous percorreron da man de Domínguez as instalacións do Convento...

PontevedraViva
Farida El-Gazzar visitou o convento de Santa Clara

A artista greco-exipcia Farida El-Gazzar tamén participará na Bienal da Deputación

29/08/2024
Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra Rafa Domínguez acaba de recibir en Santa Clara á artista grego-exipcia Farida El-Gazzar e confirmou que será unha das participantes da recuperada Bienal de Arte. Na súa visita, a artista percorreu da man de Domínguez as instalacións do Convento de Santa Clara. A XXXIII Bienal...

PontevedraViva
O pintor Francesc Torres visitou o Museo de Pontevedra

O pintor Francesc Torres participará na Bienal de Arte da Deputación

26/08/2024
Pontevedra

O pintor Francesc Torres será un dos participantes da recuperada Bienal de Arte.  O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, confirmouno este luns despois de recibir no Museo de Pontevedra ao artista, con quen percorreu o Edificio Castelao e a exposición 'A Era das Fábulas'. A XXXIII Bienal de Arte de...

PontevedraViva
Antón Sobral, Rafa Domínguez e Antón Castro

A Bienal de Arte de Pontevedra establece sinerxias culturais con Portugal

07/08/2024
Pontevedra

A recente reactivación da Bienal de Arte de Pontevedra, que volverá na súa edición número 32 o vindeiro 2025, ten captado a atención de importantes eventos artísticos a nivel internacional. A máis recente foi a Bienal de Vilanova de Cerveira, que está mostrando un notable interese en colaborar e establecer sinerxías,...

PontevedraViva
Presentación da imaxe da XXXII Bienal de Arte de Pontevedra

As caixas nas que se transportan as obras de arte inspiran a imaxe para a Bienal de Pontevedra

30/07/2024
Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou este martes no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra a imaxe da XXXII Bienal de Arte de Pontevedra, baseada nas caixas nas que se transportan as obras de arte, un símbolo "de movemento, intercambio e conexión internacional". O vicepresidente provincial sinalou que cada...

Oskar Viéitez
Rafa Domínguez fixo balance dun ano como responsable político do Museo de Pontevedra

A Bienal, a apertura dos xardíns de Santa Clara e avanzar na reforma dos edificios centrais do Museo, retos de Rafa Domínguez

02/07/2024
Pontevedra

Rafa Domínguez, vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, facía balance este martes sobre a súa xestión durante o tempo que leva ocupando o cargo na institución provincial como responsable do Museo de Pontevedra. En primeiro lugar tratou o tema da rehabilitación e reapertura das instalacións do convento de Santa Clara. Asegurou...

Anxo Lourido
Rafa Domínguez, co comité organizador da Bienal de Arte de Pontevedra

A mirada dos artistas ante a guerra será o "relato" da recuperada Bienal de Arte

19/06/2024
Pontevedra

Quince anos despois da súa última edición, Pontevedra recuperará a súa Bienal de Arte. Durará algo máis de tres meses, entre o 15 de xuño e o 30 de setembro de 2025 e farao cun "relato" que servirá como fío condutor, como se posicionan os artistas ante a guerra. Así o...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Antón Sobral

Antón Sobral coordinará a Bienal de Arte da Deputación de Pontevedra

16/06/2024
Pontevedra

A Deputación contratou ao artista marinense Antón Sobral como coordinador xeral da Bienal de Pontevedra. A Plataforma de Contratación do Sector Público publica a adxudicación deste contrato menor por 12.314 euros. O Museo de Pontevedra ten previsto celebrar a Bienal de Pontevedra, por encargo do vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez "coma...

Oskar Viéitez
Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra

Pontevedra recupera a Bienal de Arte da Deputación

27/09/2023
Pontevedra

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, anunciou que Pontevedra recuperará a Bienal de Arte. "Estamos avanzando con firmeza cara a recuperación da Bienal en Pontevedra, programada para o 2025", dixo o vicepresidente nunha comparecencia celebrada este mércores na que asegurou que "será un escaparate para a creatividade e o talento da...

Oskar Viéitez