A Alameda de Pontevedra acolleu este venres a primeira xornada do Incodefest.
O festival das escolas de música da Boa Vila regresou cun novo impulso na súa mestura de música ao vivo cun espírito comunitario.
A programación deste ano é diversa, con artistas emerxentes e consolidados, así como escolas de música locais.
Unha demostración de talento da cativada poñendo o foco na calidade, a inclusión e a conexión co territorio.
Igualmente, diferentes bandas do Local de Música de Pontevedra subíronse ao escenario.
Incodefest trátase dun evento de balde, financiado polo Concello de Pontevedra e producido por Artecalavera, cunha programación coidada tanto no musical como no cultural e cun novo enfoque á hora de entender un festival.
Entre os nomes destacados do cartel deste ano atopamos a Faul e Mundo Prestigio, compartindo escenario con propostas innovadoras como Thom Archi ou Cintaadhesiva nunhas xornadas que conviven os sons electrónicos, rock e punk, mantendo o espírito ecléctico que define ao festival.
Tamén reune diferentes proxectos de inclusión coma XeRock de A Guarda, e unha colaboración moi especial cunha banda (ECO) da Escola de Rock de Paredes de Coura (Portugal).
Este venres actuaron Faul, Gog y las hienas telepáticas, Xeración Sónica (Rager, Brasa, Malo será, Vexx, Vega, Ferralla, Autofalantes), Estudo Bonobo, Quodlibet, Musicanda, Local de Música (Sudden Ray of Hope, Jünne).
E este sábado no Incode fest actuarán Thom Archi, Mundo prestigio, Cintaadhesiva, Skanderani, Gaia, Xerock, Spj Group, Banda Xuvenil de Salcedo, Estudo Bonobo, Banda Xuvenil de Barro, KidA (homenaxe a Radiohead), Rayopk, Escola de rock de Paredes de Coura.
O público tamén pode gozar de espazos de descanso, postos de comida e actividades paralelas pensadas para todos.
O festival reafírmase así como un evento sostible, accesible e comprometido coa inclusión e diversidade.