En novembro deste ano conmemórase o centenario da morte do pintor Francisco Pradilla. Para lembrar a súa figura, o Museo de Pontevedra mantén aberta unha mostra cunha selección de catorce obras representativas do seu traballo artístico.
O pintor zaragozano está considerado o máximo representante da pintura de historia en España e os especialistas tamén destacan os seus traballos paisaxísticos e a súa obra costumista. Ademais, Pradilla sempre amosou un gran achegamento a Galicia desde a súa primeira visita en 1871. Estivo casado coa viguesa Dolores González del Villar
Durante estes días, o Museo recibía a visita da bisneta do autor, Sonia Pradilla, que coñeceu a mostra situada na sala 4 do segundo andar do Edificio Castelao do seu familiar. Realizou unha visita acompañada polo director José Manuel Rey e pola responsable da colección Paula Tilve.
No Edificio Castelao preséntase unha selección que forma parte do medio cento de obras realizadas polo pintor entre 1873 e 1918. Destaca un caderno de apuntamentos, cinco pezas ao óleo e debuxos elaborados ao aire libre en Galicia por parte dun creado que viaxou por Cataluña, Italia ou Francia recollendo ambientes, costumes e personaxes populares.