'Insubmisas. Mulleres na loita no Sáhara Occidental' se proyecta este 1 de noviembre en el Principal

Pontevedra
31 de outubro 2023

O documental vai presentarse este mércores 1, ás 20.00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra coa presenza das persoas que dirixiron o filme, Laura Daudén e Miguel Ángel Herrera. A iniciativa está organizada pola Fundación Cuña-Casasbellas, coa colaboración da CGT e o Concello de Pontevedra

Imaxe de 'Insubmisas. Mulleres na loita no Sáhara Occidental' Hegoa Institutua

No ano 2022, un grupo de mulleres elaboraron un informe con 81 testemuños de violacións de dereitos humanos cometidas polas forzas de Marrocos. O informe levaba por título 'Que salga todo á luz. Violacións de dereitos humanos das mulleres no Sahara Occidental ocupado (1975-2021)'.

Daquel informe nace 'Insubmisas. Mujeres en loita no Sahara Occidental', un documental que recolle as historias das mulleres que posibilitaron aquela iniciativa. Tres mulleres activistas dos dereitos humanos e dúas diplomáticas saharauís ofrecen neste documental unha homenaxe á resistencia das mulleres do pobo saharauí por converterse nun exemplo para persoas que loitan pola liberdade e a xustiza.

O documental mostra tamén imaxes capturadas dos territorios ocupados do Sahara Occidental recollendo a violencia empregada polas forzas marroquís contra a poboación, principalmente, no Aiún.

Esta produción tamén recolle a violación do cesamento do fogo por parte de Marrocos e o xiro realizado polo Estado español en relación coa situación do Sahara Occidental.

O material ofrécese con catro secuencias de animación que presentan a crueza de casos de violacións de dereitos humanos presentados en 'Que salga todo á luz', nun formato realizado para protexer a identidade das mulleres protagonistas.

A cita será, con entrada libre, este mércores 1, ás 20.00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra coa presenza das persoas que dirixiron o filme, Laura Daudén e Miguel Ángel Herrera.

A iniciativa está organizada pola Fundación Cuña-Casasbellas, coa colaboración da CXT e o Concello de Pontevedra.