Intriga en vivo nun venres moi golfo no Teatro Principal

Pontevedra
21 de novembro 2015

 A actuación, que forma parte do ciclo Ponteatro, ofreceu unha proposta de ocio teatral diferente, a técnica de cinema en vivo, sen material audiovisual pregravado. Sobre o escenario presentouse un universo en miniatura feito de cartón reciclado para contar cunha estética particular un mundo de intriga, corrupción, asasinatos e. como remate, unha fuxida inesperada

Representación de 'Strpts', de Cinema Sticado, nos Venres Golfos do Teatro Principal
Representación de 'Strpts', de Cinema Sticado, nos Venres Golfos do Teatro Principal / Cristina Saiz

Todo o atractivo do ciclo Ponteatro, pero a unha hora máis golfa do habitual, cando só falta un minuto para a hora máxica da medianoite. Esta é a proposta dos Venres Golfos do Teatro Principal de Ponteveda, que este venres ofreceu aos espectadores unha noite de intriga da man de Cinema Sticado e a súa 'Strpts'. 

A actuación, que forma parte do ciclo Ponteatro, ofreceu unha proposta de ocio teatral diferente, a técnica de cinema en vivo, sen material audiovisual pregravado. Sobre o escenario presentouse un universo en miniatura feito de cartón reciclado para contar cunha estética particular un mundo de intriga, corrupción, asasinatos e. como remate, unha fuxida inesperada.

A intriga foise tecendo en vivo e en directo e foise retransmitindo ‘in situ’ en tempo real nunha gran pantalla nunha proposta teatral que incluíu os elementos propios da performance mesturados coa poesía visual, uns monicreques e animación en vivo no escenario. 

A deste venres foi a segunda e última entrega dos Venres Golfos, pero Ponteatro aínda ten dúas novas citas. 'Noiteboa' de Redrum Teatro representarase o 10 de decembro cun reparto formado por Ernesto Chao, Mela Casal e Guillermo Carbajo. Pechará o ciclo a montaxe 'Waltz' de Voadora o 17 de decembro, outro traballo desta innovadora compañía que ofrece un musical no que a vida se reflexa coma un salón de baile.