Despois de tres intensos días, cheos de fantasía, música e diversión, Itineranta chegou ao seu fin. Deixa tras de si un magnífico recordo no público pontevedrés.
Centos de persoas encheron as rúas e prazas polas que pasaron os espectáculos ambulantes de animación das compañías que participaron este ano.
Houbo propostas para un público familiar como a ruta musical e circense proposta por Javier Ariza a bordo dun extravagante Seat 600 ou a familia de xirafas dos cataláns Xirriquiteula e os seus surrealistas encontros coa xente.

As acrobacias e malabares duns excéntricos ciclistas de carreiras, a cargo da compañía de circo La Finestra, ou o 'artivismo' ao redor do mundo das caricaturas, que propuxo a agrupación portuguesa Pía, foron toda unha sorpresa.
Houbo ademais máis circo na rúa, como o que trouxo a Pontevedra a compañía circense Tiritirantes co seu carrusel ambulante cheo dos seus máxicos cabalos.
Itineranta apostou tamén este ano polas artes escénicas, entre outros, co espectáculo de percusión e pirotecnia da compañía vasca Deabru Beltzak, ou coa música e os gags surrealistas dos cataláns Drinking Marching Band.

O broche de ouro a este festival de animación na rúa puxérono os dragones e bestas de inspiración grega de La Fam que despregou por Pontevedra un espectáculo marabilloso que deixou sen palabras a máis dun.
Tras o final de Itineranta, as Festas de Verán to,am un respiro. Pero só por uns días.
A partir do xoves 23 de xullo chegan as Festas do Santiaguiño do Burgo. Haberá verbenas, pasacalles, actos relixiosos, fogos artificiais ou atraccións na chaira do Recinto Feiral.

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026

Itineranta 2026
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.