Lume, música e fantasía: Itineranta conquista as rúas de Pontevedra

Pontevedra
16 de xullo 2026

Teatro de rúa, música, lume e espectáculos para todos os públicos encheron de diversión o centro histórico de Pontevedra no arranque do festival de animación ambulante

Itineranta 2026
Itineranta 2026 / Cristina Saiz

Fantasía, música, pirotecnia… e sobre todo moita diversión.

Itineranta xa está aquí e a animación ambulante das mellores compañías do país tomou as principais rúas e prazas do centro histórico de Pontevedra.

Centos de persoas non quixeron perderse a estrea desta nova edición do festival de animación de rúa que, un ano máis, fixo as delicias de grandes e pequenos.

Desde a Praza da Ferrería, a Praza da Peregrina e a Praza de España; ou desde Santa María, o Liceo Casino e Curros Enríquez, apenas quedou espazo vetado para o sorriso.

A inauguración de Itineranta estivo protagonizada polos excéntricos bombeiros de Les Pompiers da compañía catalá Cía La Tal.

Itineranta 2026
Itineranta 2026Cristina Saiz

Tras eles, o público puido gozar dos personaxes dos anos 60 e 70 interpretados polos zaragozanos K de Rúa que, con traxes da época e bailando ao son da música funky, paseáronse en zancos e a pé por Pontevedra.

Aínda que, sen dúbida, o espectáculo de maior impacto foi o dos valencianos Pyros Espectáculos, que combinando teatro físico, lume e holografías reais, mergullaron á Boa Vila nun mundo postapocalíptico marcado pola sede.

Itineranta vivirá este xoves a segunda do seu tres xornadas.

Polas rúas e prazas do centro histórico desfilarán o extravagante Seat 600 de Carman, de Javier Ariza; ou a carreira de bicicletas excéntricas que protagoniza a compañía valenciana de circo La Finestra no espectáculo Pilots.

La calle es nuestra dos cataláns Drinking Marching Band coa súa mestura de música de alta calidade e gags surrealistas e o espectáculo musical e pirotécnico Su Talka, da compañía vasca Deabru Beltzak, completarán a programación.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora