Volve Itineranta, o festival de animación de rúa de Pontevedra. Esta cita, unha das populares das Festas de Verán, será os días 15, 16 e 17 de xullo.
Nesta edición serán once as compañías que participarán en Itineranta, levando os seus espectáculos máis recentes polas principais rúas e prazas do centro histórico.
Así, o mércores 15, a partir das 21:30 horas, 'invadirán' o espazo público os excéntricos bombeiros de Les Pompiers da compañía catalá Cía A Tal.
A eles sumaranse os personaxes dos anos 60 e 70 que pasean en zancos de Disco Funk, dos zaragozanos K de Rúa, e o mundo postapocalíptico en chamas de Herederos del fuego, dos valencianos Pyros Espectáculos.
O xoves 16, desde as sete e media da tarde, desfilarán o extravagante Seat 600 de Carman, de Javier Ariza; ou a carreira de bicicletas excéntricas que protagoniza a compañía valenciana de circo La Finestra no espectáculo Pilots.

La calle es nuestra dos cataláns Drinking Marching Band coa súa mestura de música de alta calidade e gags surrealistas e o espectáculo musical e pirotecnico Su Talka, da compañía vasca Deabru Beltzak, completarán a xornada.
Itineranta chegará ao seu fin o venres 17, tamén desde as 19:30 horas, coa familia de jirafas que propón os cataláns Xirriquiteula en Jirafes ou co expresionismo da caricatura que desenvolven os portugueses Pía en Caricature.
O Carrusel ambulante da compañía circense Tiritirantes e os dragones e bestas de inspiración grega de La Fam e a súa Quimera porán o broche a esta edición de Itineranta.