O Concello do Grove presentou a programación musical da Festa do Marisco que inclúe 17 concertos gratuítos.
O próximo mes de outubro soará no escenario da Praza do Corgo a música trap de MS Nina e Sticky MA. Será o día 4. Ao día seguinte actuarán Imelda May, Christina Rosenvinge e Triángulo de Amor Bizarro.
O domingo 6 actúan Xabier Díaz e Adufeiras e o xoves 10 será Dulce Pontes. Novidades Carminha e Holywater actúan o día 11.
Quen acuda á vila meca o 12 de outubro poderán escoitar a Iván Ferreiro, Marem Ladson e Os Amigos dos Músicos; e o domingo 13, un grupo clásico do pop español: Los Secretos.
A programación musical tamén fai un oco ás bandas locais Fla-Meco, @deviño, 5 en Zocas, A Banda do Sequío e Os Firrás.