Comeza no Grove a gran mariscada galega

O Salnés
02 de outubro 2019

Este xoves 3 de outubro arrinca no Grove a Festa do Marisco. Durante os dez días que dura este evento gastronómico programáronse multitude de actividades, desde a tradicional carreira ciclista, as regatas de dornas ou o mercadillo ambulante, sen esquecerse de atractivos concertos con Novedades Carminha, Iván Ferreiro, Los Secretos o Triangulo de Amor Bizarro

Mariscada
Mariscada / Juan Mejuto

Este xoves 3 de outubro arrinca no Grove a Festa do Marisco. Durante os dez días que dura este evento gastronómico programáronse multitude de actividades, desde a tradicional carreira ciclista, as regatas de dornas ou o mercadillo ambulante, sen esquecerse de atractivos concertos con Novedades Carminha, Iván Ferreiro, Los Secretos o Triangulo de Amor Bizarro.

Os Firrás, Dulce Pontes, Holywater, Os Amigos dos Musicos, Marem Ladson, A Banda do Sequio, 5 en Zocas, Xabier Díaz & Adufeiras, Fla-Menco, Imelda May, Cristina Rosenvinge e MS Nina-Sticky M.A. son outros dos grupos que converterán á vila meca en todo un festival.

Na pasada edición participaron na Festa do Marisco unhas 200.000 persoas, despacháronse unhas 160.000 racións de marisco e facturáronse 722.000 euros.

Os organizadores agardan que este ano se poidan superar estes rexistros tendo en conta que O Grove tamén será durante as próximas xornadas un punto de encontro e referencia no ámbito económico e empresarial.

O I Foro Atlántico-La Toja, que contará coa presenza do rei Felipe VI, o presidente de Inditex, Pablo Isla, ou os expresidentes do goberno de España Mariano Rajoy e Felipe González, así como o actual presidente en funcións Pedro Sánchez, coincide no tempo coa Festa do Marisco na súa LVII edición.

Calquera deles poderá achegarse a gozar da máis variada oferta gastronómica, con 28 propostas culinarias, e cunha boa relación calidade-prezo como se pode comprobar na imaxe que acompaña esta información. O arroz de mariscos a 6 euros, o polbo á feira a 11,50 e 14,90 euros, os camaróns a 10 euros e as navallas á prancha a 7,50, a recado que repetirán na lista de pratos máis vendidos.

Todo o produto de orixe local vendida pola lonxa local da Confraría de Pescadores.

O horario de venda é, de luns a xoves, de 12 a 16.30 e de 19 a 22.30. Os venres, sábados e domingos, de 11.30 a 17.00 e de 17 a 23 horas. Os días 3 e 13 de outubro só abrirase pola mañá.

A Festa do Marisco mantén o seu compromiso co medioambiente, que se visibiliza na recollida selectiva dos residuos e o emprego de material compostable. 

Isabel Núñez, veciña da parroquia pontevedresa de Salcedo, foi a gañadora do concurso de carteis coa súa proposta de "Origami mariñeiro".