Carla Lourdes e Javier Lago compartirán escenario nunha noite única o próximo 30 de maio ás 21.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.
Os artistas uniranse nunha cita irrepetible enmarcada dentro do Ciclo Karma despois de cantar xuntos na pasada edición do Río Verbena.
O concerto será unha celebración das súas traxectorias e do futuro na escena musical, no que estarán arroupados por toda a banda.
Carla Lourdes chega a Pontevedra en plena xira do seu debut 'El día que descubrí el lunar de tu oreja' (Esmerarte, 2025).
A ponferradina afincada en Galicia chega a Pontevedra para debullar os temas que a consolidaron dentro do pop nacional.
Javier Lago, pola súa banda, inicia unha nova etapa tras o éxito cultivado co seu primeiro álbum 'Perdón por las molestias' (2024).
O pontevedrés elixe a Boa Vila para arrincar a súa nova xira e presentar oficialmente o seu próximo traballo, que verá a luz moi pronto.
Ademais de presentar os seus traballos individuais, o público será testico de actuacións exclusivas ideadas para que a noite sexa involvidable.
As entradas están xa dispoñibles en Ataquilla.com.
O Ciclo Karma, xunto co Concello de Pontevedra, buscan con este tipo de encontros pór en valor o talento emerxente e consolidado da comunidade.