Este sábado 8 de agosto será a actuación do grupo pontevedrés Jhonander, este grupo é o que abrirá coa súa actuación o escenario principal das festas de Pontevedra. Alí presentarán Sinécdoque, o segundo traballo da banda.
Jhonander naceu no ano 2009 e está formada por Jesús Vidal (voz e guitarra), Pedro Vidal (guitarra), Miguel Vidal (batería) e Bucho Centeno (baixo).
Gravaron o seu primeiro álbum "Enciendes mi alma" en 2011, nos estudos PKO de Madrid con Caco Refojo, dando a luz neste primeiro traballo temas como "Enciendes mi alma" ou "Serenidad", cuxos videoclips se poden encontrar en Youtube.
O disco foi lanzando en CD edición Deluxe e a través de diversas plataformas dixitais como iTunes, Spotify e Bandcamp.
A principios deste ano presentaron Sinécdoque, o segundo traballo da banda, que novamente foi gravado nos prestixiosos estudos PKO de Madrid baixo a asistencia técnica do tamén pontevedrés Caco Refojo (Gañador dun Grammy no 2010, nomeado para un novo Grammy no 2014).
Este segundo traballo chama a atención, ademais de pola súa forza, porque se ofrece nunha edición Deluxe en vinilo de 180 gramos en cor branca, que inclúe un código para a descarga dixital. O álbum está composto por oito cortes cheos de rock que dan forma a "Sinécdoque", que abre o disco con "Antes de nacer" singre adianto e terceiro videoclip de Jhonander.
Jhonander é un grupo que non pasa desapercibido para a prensa especializada a nivel nacional, que se fai eco do seu primeiro traballo, así revistas como Rock Estatal e Kerrang. Esta última di deles que "son unha banda que sabe como facer as cousas". Jhonander non só se autoproducen senón que levan a cabo todo o labor de deseño e audiovisual da banda, idean, gravan e editan os seus videoclips, deseñan os seus discos...manteniendo todo o control sobre o seu son e imaxe.