José Benito García e Alex Vázquez-Palacios presentan "Pontevedra. Cuaderno de viaje"

Pontevedra
16 de novembro 2020

O espazo multidisciplinar Nemonon acollerá a presentación de Pontevedra. Cuaderno de viaje, o novo libro do escritor e investigador pontevedrés José Benito García. É unha obra que está ilustrador polo pintor Alex Vázquez-Palacios

Presentación do libro "Donde la salmuera (La Moureira y sus gentes)" de José Benito García
Presentación do libro "Donde la salmuera (La Moureira y sus gentes)" de José Benito García / Mónica Patxot

O espazo multidisciplinar Nemonon acollerá a presentación de Pontevedra. Cuaderno de viaje, o novo libro do escritor e investigador pontevedrés José Benito García. É unha obra que está ilustrador polo pintor Alex Vázquez-Palacios.

O acto, que se celebrará por partida dobre o mércores 18 e o xoves 19 ás oito da tarde, esta presentado polo arquitecto e divulgador cultural Mauro Lomba.

A obra é un percorrido, a modo de caderno de viaxe, polos lugares máis emblemáticos e representativos da cidade, como o faría un viaxeiro de outrora, plasmando nun pequeno caderno, coa súa pluma e o seu pincel todo o que chamase a súa atención e embriagase os seus sentidos.

O libro, que ten unhas 96 páxinas e un centenar de ilustracións, ofrecerá aos lectores unha viaxe atemporal percorrendo Pontevedra, contando a súa historia e as súas lendas e, ao mesmo tempo, recreándose en cada recuncho, saboreando cada instante e gozando da contorna.

Pontevedra. Cuaderno de viaje súmase aos libros anteriores de José Benito García como Templarios y mareantes en la gesta de Colón (2008), Habladme piedras (2013), Donde la salmuera, la Moureira y sus gentes (2017) e Negra y Misteriosa. La Pontevedra oculta (2018).

Vázquez Palacios, pola súa banda, é un artista vigués afincado en Pontevedra cunha ampla traxectoria expositiva en diferentes galerías, museos e centros culturais de España. Ademais, como ilustrador participou en diferentes proxectos con Carlos Casares, Paco Fernández Naval, Francisco Fernández del Riego, Xavier Alcalá, Darí  Xohán Cabana ou Ramón Rozas.