Kathartic, novo son do metal en Pontevedra

Pontevedra
15 de agosto 2024

O lanzamento do seu primeiro sinxelo terá lugar este venres 16 de agosto ás 22.00 horas e estará dispoñible en todas as plataformas dixitais

Imaxe de "You" de Kathartic Kathartic

A banda Kathartic está lista para impactar a escena do metal en Galicia.

Tras meses de preparación, este grupo formado por Víctor Pérez (voz e guitarra), Alejandro Canosa (voz e guitarra), Antón Martínez (baixo) e a súa recente incorporación, Elvis Hernández (batería), estreará o seu primeiro sinxelo titulado "YOU".

O lanzamento terá lugar este venres 16 de agosto ás 22 horas e estará dispoñible en todas as plataformas dixitais.

Kathartic nace do grupo de metal pontevedrés Napalm, que tras tres anos de traxectoria e numerosos concertos por Galicia, decidiu evolucionar cara a un son máis maduro e persoal.

"YOU" promete unha experiencia metalcore intensa e emotiva, marcando un emocionante comezo para a banda na escena musical galega.