Intérpretes como Kiti Mánver, Eusebio Poncela, Carles Sans, Gabino Diego ou Juan Echanove subirán ao escenario de Afundación en Pontevedra.
Inaugurará a tempada O inconveniente, o mércores 25 de xaneiro ás 20.30 horas no Teatro Afundación Vigo e o xoves 26 de xaneiro, á mesma hora, na Sede Afundación Pontevedra. Con Kiti Mánver, Cristóbal Suárez e Marta Velilla.
Por fin só!, de Tricicle, estará no Teatro Afundación Vigo o xoves 2 de marzo ás 20.30 horas, e o venres 3 de marzo á mesma hora na Sede Afundación Pontevedra. Un estímulo de gargalladas para todo o público. Agora que Tricicle tómase un descanso indefinido, Carles Sans, despois de 40 anos en silencio, aproveita para falar de ocurrentes e divertidas anécdotas profesionais e persoais vividas durante este período.
O martes 25 de abril, ás 20.30 horas, o Teatro Afundación Vigo acollerá a función Ser ou non ser, que estará o mércores 26 de abril tamén ás 20.30 horas na Sede Afundación Pontevedra. Con Juan Echanove, Ángel Burgos e Gabriel Garbisu. Varsovia, agosto de 1939. A compañía teatral do matrimonio Tura ensaia Gestapo!, unha peza que satiriza o nazismo. As autoridades polacas prohiben estrear a obra para evitar represalias de Hitler, o que non impedirá que Alemaña invada Polonia.
O 10 de maio, ás 20.30 horas, o Teatro Afundación Vigo acollerá A curva da felicidade, que estará o xoves 11 de maio na Sede Afundación Pontevedra á mesma hora. Con Gabino Diego, Josu Ormaetxe e Antonio Vico. Na crise dos 50, o home é o sexo débil da parella: inseguro, indeciso e fráxil. Aínda que soñen con irse de marcha, asústalles vivir sós e volver sós a casa. No seu delirio, chegan a imaxinar que a súa madurez atrae a mulleres novas.
Os abonos, que teñen un 20% de desconto con respecto ao prezo das entradas soltas, estarán á venda no Teatro Afundación Vigo e na Sede Afundación Pontevedra os días 19 e 20 de decembro en horario de 11 a 14 horas. A partir das 11 horas do día 19 de decembro, tamén se poderán adquirir na web Ataquilla.com ata o 10 de xaneiro. As entradas soltas están dispoñibles a partir de 11 de xaneiro.