Escolares pontevedreses gozarán do clásico 'Nautilos. 20.000 leguas de viaje submarino'

Pontevedra
25 de febreiro 2023

Máis de 2.700 escolares de terceiro e cuarto de primaria de 51 centros educativos de Pontevedra e a súa comarca gozarán durante os días 27 e 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo (ás 10:00 e 12:00 horas) do clásico 'Nautilos. 20.000 leguas de viaje submarino' no teatro para escolares na Sede Afundación de Pontevedra  

A obra de teatro 'Nautilos. 20.000 leguas de viaje submarino'
A obra de teatro 'Nautilos. 20.000 leguas de viaje submarino' / Afundación

Máis de 2.700 escolares de terceiro e cuarto de primaria de 51 centros educativos de Pontevedra e a súa comarca gozarán durante os días 27 e 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo (ás 10:00 e 12:00 horas) do clásico 'Nautilos. 20.000 leguas de viaje submarino' no teatro para escolares na Sede Afundación de Pontevedra.

Esta obra é a gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor Proposta Orixinal pola súa sensibilización ambiental na que a Compañía La Negra presenta unha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta.

Desde Afundación destacaron a "importancia da súa programación de artes escénicas para escolares na consolidación dos valores éticos e do coñecemento entre os máis novos".

Esta iniciativa súmase á propostas da área Educativa da entidade, que abarcan desde actividades de idiomas, robótica ou arte, ata de sustentabilidade ou medioambiente

'Nautilos. 20.000 leguas de viaje submarino' é unha versión da clásica novela de aventuras de Jules Verne, na que o capitán Nemo eríxese como unha enigmática figura que capitanea un medio de transporte que sorprende ao profesor Aronnax e a Conseil, os dous pasaxeiros inesperados.