Os veciños de Vilagarcía quedarán sen ver ao grupo La La Love You esta fin de semana. O grupo de Parla ía actuar na vila este sábado á noite pero por "problemas de saúde da cantante e baixista do grupo" víronse obrigados a suspendelo.
"É a primeira vez que nos atopamos nesta situación e nos apena moito ter que dar esta noticia. Fixemos todo o posible por seguir adiante cos concertos pero non foi posible", explicou o grupo a través dun comunicado a ultima hora do xoves.
Unha vez coñecida esta noticia, a Concellería de Cultura dirixida por Sonia Outón "traballou contra reloxo para intentar manter a oferta da programación das festas de Santa Rita na velada da véspera do día grande, pero foi imposible contratar outra actuación con 24 horas de marxe".
A pesar deste inconveniente, os vilagarcíans poderán escoitar a La La Love You este ano, xa que actuarán o 11 de agosto no Parque da Xunqueira coincidindo coas festas de San Roque. O concerto será gratuíto.
Mentres tanto e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, as festas de Santa Rita seguirán máis novidades.