Esta noite do xoves 15 de agosto, a Praza da Ferrería de Pontevedra vibrou ao ritmo do latin jazz coa actuación da agrupación coruñesa Savoy Club Big Band, no marco das Festas da Peregrina.
Co seu estilo inconfundible e unha posta en escena impoñente, a orquestra transportou ao público aos salóns de baile do Nova York dos anos 50, cunha coidada selección de temas que evocaban o esplendor das grandes orquestras de Tito Puente e Machito.
Baixo a dirección do mestre José Somoza, os 22 músicos que conforman a banda ofreceron un espectáculo cheo de elegancia e fortaleza.
Trompetas, trombóns, saxofóns, piano, contrabaixo e percusión uníronse á voz de tres cantantes para facer vibrar aos asistentes, que non puideron resistirse á maxia do mambo e o latin jazz.
Savoy Club Big Band, nacida en 2016 e premiada co galardón "Cantábrico Excelente" en 2022, demostrou unha vez máis por que se consolidou como unha das formacións máis destacadas do panorama jazzístico galego.
Este venres 17, o escenario da Ferrería será ocupado pola maxia do artista, cantareiro e bailador Mondra, a partir das 21.00 horas.