Falar de Los Brincos é falar de recordos e vivencias de mocidade para moitos pontevedreses. Por iso este domingo, moitos anos despois, escoitar as cancións que marcaron a súa vida foi como retroceder no tempo.
A mítica formación, renovada en canto a compoñentes pero co repertorio que lles fixo famosos, subíu ao escenario da Praza de España na segunda xornada de festas enchendo o recinto acoutado habilitado para cumprir o protocolo de prevención da covid.
Non era en todo caso a única cita musical da xornada. Un pouco antes, era Gustavo Almeida o que ofrecía un novo show en casa, na súa querida Praza da Ferrería. Ademais Rodrigo Cuevas completaba o cartel nas pistas de Campolongo.
Este luns, a programación musical pega un xiro radical cun proposta na Praza de España pensada para un público novo, co concerto de Pol Granch (22.00 horas). Ademais Xisco Feijóo estará na Ferrería (21.00 horas) e en Campolongo o protagonista será Dani & Kimberley Tell.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.