Madeleine Peyroux apraza a 2022 a xira que ía a traela ata Pontevedra

Pontevedra
28 de outubro 2021

A artista estadounidense Madeleine Peyroux aprazou ata 2022 a xira de concertos que ía protagonizar en España e que tiña previsto unha das súas paradas en Pontevedra. A súa actuación no Pazo da Cultura, prevista para este domingo 31 de outubro dentro do ciclo Xacobeo Importa, foi suspendida

Madeleine Peyroux
Madeleine Peyroux / Pazo da Cultura

A artista estadounidense Madeleine Peyroux aprazou ata 2022 a xira de concertos que ía protagonizar en España e que tiña previsto unha das súas paradas en Pontevedra.

A súa actuación no Pazo da Cultura, prevista para este domingo 31 de outubro dentro do ciclo Xacobeo Importa, foi suspendida, segundo confirman os seus organizadores.

A intención de ambas as partes é poder buscar unha nova data para este concerto, pero por agora non hai nada pechado.

Cantante, guitarrista e compositora, Madeleine Peyroux converteuse nunha das voces de referencia do jazz estadounidense, logrando un universo musical propio con moita poesía melódica e vocal, pero tamén de moita inventiva creativa.

Publicou en 1996 o seu primeiro disco, Dreamland, un traballo que revelaba unha extraordinaria intelixencia, pero o seu maior éxito foi Careless Love (2004), que a converteu nunha das maiores estrelas de jazz en todo o mundo.

Tras oito álbums e máis de 22 anos de carreira desde o seu debut, en Secular Hymns (2016), gravado nunha igrexa do século XXII, sorprendeu con novos temas de blues e cancioneiros americanos e no seu álbum Anthem (2018) fusionou temas políticos co seu mundo persoal.