Maldita Nerea súmase ao cartel da noite pop-rock do festival Son do Mar

O Salnés
17 de xaneiro 2026

A banda murciana compartirá escenario con Marlon e o galego Luís Fercán. Haberá unha cuarta actuación que se desvelará nos próximos días, segundo avanza a organización

Jorge Ruiz, líder de Maldita Nerea
Jorge Ruiz, líder de Maldita Nerea / Maldita Nerea

O festival Son do Mar segue avanzando para completar a oferta musical da súa terceira edición, a primeira que celebrará no municipio pontevedrés de Meaño.

Faino cunha nova incorporación á noite que reservou para a música pop-rock, que se celebrará o 23 de xullo. Trátase da banda Maldita Nerea.

A banda murciana compartirá escenario con Marlon e o galego Luís Fercán.

Haberá unha cuarta actuación que se desvelará nos próximos días.

Co lanzamento de El secreto de las tortugas (2007), o que foi o seu segundo disco, Maldita Nerea consagrouse como unha das principais bandas españolas de pop rock.

No seu concerto en Meaño soarán algúns dos seus grandes éxitos, entre eles, No te pido tanto, idiota, Hecho con tus sueños ou Nunca estarás sola.

A organización do festival Son do Mar segue traballando para confeccionar o cartel desta terceira edición, que promete ser a máis internacional até a data.

Xa están confirmados, dentro do Sachaso Rock, o 25 de xullo, a mítica banda sueca Europe e o dúo galego Bala.

Pola súa banda, o 24 de xullo, que estará reservado para a música urbana, actuarán 9Louro, unha das novas sensacións do panorama musical urbano en Galicia; e a catalá Lia Kali.