María Adánez e Pepón Nieto representan en Pontevedra ¡Ay, Carmela!

Pontevedra
28 de novembro 2022

Poderase ver o 1 de decembro na Sede Afundación Pontevedra ás 20.30 horas, ambas as funcións

Ai, Carmela!, interpretada por María Adánez e Pepón Nieto
Ai, Carmela!, interpretada por María Adánez e Pepón Nieto

Continúa a Tempada de Teatro de Afundación coa produción ¡Ay, Carmela!, unha das pezas máis emblemáticas da escena española contemporánea. 

Poderase ver o 1 de decembro na Sede Afundación Pontevedra ás 20.30 horas.

¡Ay, Carmela!, de José Sanchís Sinisterra e interpretada por María Adánez e Pepón Nieto, con dirección de José Carlos Plaza é xa un clásico da escena e a filmografía españolas. 

A historia conta como no medio dos combates da guerra española, un grupo de cómicos, encargados de amenizar no posible os amargos días na fronte, atópase, por un erro, na zona do bando franquista. Alí, son feitos prisioneiros e requiridos para interpretar pezas completamente opostas aos seus principios.