Marisa Bertollini impulsa o bordado no cartel da XXVII edición do Salón do Libro

Pontevedra
03 de febreiro 2026
Actualizado: 15:11

A creadora do deseño consegue reflectir o "espírito" do evento nesta obra que mestura música, libros e Palestina, o país convidado na próxima edición do evento

Presentación do cartel del Salón do libro 2026
Presentación do cartel del Salón do libro 2026 / Concello de Pontevedra

O cartel que definirá o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2026, ademais do tres piares que sosteñen o deseño, tamén reflectirá outros apectos como o feminismo ou as propias actividades do evento nesta vixésimo sétima celebración.

Demetrio Gómez, concelleiro de Cultura, explicou o significado deste cartel para o evento por representar a súa esencia de forma clara.

Marisa Bertollini, bordadora que imparte clases e realiza pezas expositivas, recalcou a importancia do seu debuxo especialmente nun contexto tecnolóxico no que a intelixencia artificial está cada vez máis presente na vida das persoas.

A artista contrastou dúas formas de facer arte: as creacións actuais sen un autor concreto e os esbozos manuais elaborados de forma tradicional, defendendo a necesidade dese espazo creativo característico da humanidade.

Neste proxecto combínase a música coa literatura, ambas se integran formando un só elemento.

No debuxo, aparece un libro aberto do que emerxe un pentagrama con notas musicais que "cobra vida e se converte nun camiño", creando un edificio con músicos tocando diferentes instrumentos, reiterando esa unión entre disciplinas.

O obxectivo é plasmar como "a literatura leva a un mundo de fantasía que á súa vez se converte na realidade".

Marisa Bertollini afirmou que o debuxo fora un proceso de "máis de 40 horas" que requirira uns "100 metros de fío", polo que a paciencia foi un aspecto fundamental xa que non só é un proceso manual, senón o feito de coller o lapis e debuxar en lugar de tocar unha pantalla.

O Salón do Libro desenvolverase entre o 6 e o 22 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra.