Matriuska xa grava 'O pesadelo das vacas', ópera prima de Rafa de los Arcos

Pontevedra
08 de outubro 2025

María Vázquez e Diego Anido protagonizan esta película, un mirada con perspectiva de xénero sobre o ámbito rural, reflexionando sobre a violencia e as pegadas que deixa nunha familia

Rodaxe da película 'O pesadelo das vacas'
Rodaxe da película 'O pesadelo das vacas' / Matriuska Producciones

A produtora pontevedresa Matriuska Producciones xa está a rodar a que será a súa próxima película. Trátase de O pesadelo ds vacas, a ópera prima de Rafa de los Arcos.

A rodaxe, que arrancou en diferentes localizacións de Silleda e Lalín, desenvolverase durante varias semanas pola provincia de Pontevedra.

O pesadelo das vacas é unha película que ofrece unha mirada con perspectiva de xénero sobre a sociedade no ámbito rural, reflexionando sobre a violencia e as pegadas que deixa nunha familia.

María Vázquez, que xa traballou con Matriuska Producciones en Matria, protagoniza este filme, xunto co actor Diego Anido (As bestas, Rapa ou La infiltrada).

O elenco principal desta película conta ademais con Antía Vidal, Alberto Rodríguez Cunha 'Tatán' (Matria, San Simón) e Berta Ojea (Rapa, Mortadelo y Filemón).

Rodaje de la película 'O pesadelo das vacas'
Rodaxe da película 'O pesadelo das vacas'Matriuska Producciones

O filme, segundo os seus responsables, pon o foco nas outras vítimas da violencia de xénero, as familias dos que teñen que enfrontarse aos terribles actos dos seus seres queridos e que, tras o sucedido, teñen que xestionar emocionalmente ese trauma.

En concreto, explicou De los Arcos, María Vázquez dá vida a unha muller "que ten que aprender aos poucos a colocar ás súas figuras familiares", neste caso a dun pai, "nunha contorna dunha familia desestructurada".

Faino mediante un estilo enigmático que busca provocar nos espectador momentos de turbación e suspense, convertendo a paisaxe do interior da provincia pontevedresa un elemento que potencia o ton e a atmosfera da película.

Rafa de los Arcos é un coñecido director e guionista que, entre outros traballos, asinou numerosos videoclips, campañas de publicidade e curtametraxes como Everest ou Todo el mundo se parece de lejos.

Rodaje de la película 'O pesadelo das vacas'
Rodaxe da película 'O pesadelo das vacas'Matriuska Producciones

Dirixiu tamén varios programas de Salvados e diversos documentais de éxito, entre eles, El equipo de mi barrio, Megamix Brutal o ¿Yo fui mujer florero?.

Para rodar O pesadelo das vacas conta, entre outros, co apoio da Televisión de Galicia, da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), ou do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), adscrito ao Ministerio de Cultura.