Unha das compañías máis sorprendentes do mundo, Mayumaná, actuará en Pontevedra o vindeiro xoves 20 de xaneiro, ás 20:30 horas. Será no auditorio de Afundación, onde estrearán Currents, o seu novo espectáculo.
Currents, creado para o Festival da Luz de Xerusalén, está inspirado na disputa histórica que mantiveron os dous empresarios e inventores Thomas Alva Edison e Nikola Tesla.
A partir dese feito, a compañía combina a danza, a percusión, os efectos electrónicos e de iluminación coa imaxe multimedia, presentando dous sectores enfrontados, ambos con estéticas artísticas diferentes que mostran unha disputa dialogada con luces e sons propios.
Desde o ano 1995, Mayumaná ofreceu máis de 156.000 exhibicións en todo o mundo e na actualidade conta con máis de 800 artistas de todos os puntos do planeta.
As entradas para este espectáculo, unha das grandes apostas da programación cultural de Pontevedra para este inicio de 2022, teñen un prezo de 27 euros e pódense comprar a través da plataforma Ataquilla.com.