M-Clan, o concerto sorpresa que abrirá as Festas da Peregrina

Pontevedra
16 de xullo 2026
Actualizado: 13:56

A banda de rock murciana é a incógnita que presentaba o programa das festas deste verán e estará sobre o escenario da Praza de España o próximo 8 de agosto

M-Clan en PortAmérica
M-Clan en PortAmérica / PortAmérica

O último secreto rodeaba ás Festas de Verán de Pontevedra acaba de revelarse.

A banda murciana M-Clan protagonizará o primeiro gran concerto das Festas da Peregrina. Actuarán na Praza de España o sábabo 8 de agosto.

A súa presenza nas festas de Pontevedra mantívose oculta até agora debido aos seus compromisos contractuais co recente festival PortAmérica.

M-Clan celebrará en Pontevedra os seus trinta anos de carreira, achegando ao público un amplo repertorio musical que repasa e resume esas tres décadas de traxectoria.

A banda liderada por Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez está consolidada como un dos grandes referentes do rock nacional.

A súa longa carreira artística levounos a pasar por distintas etapas musicais que se moveron entre o rock sureño de raíz americana, o blues, o soul, o funk ou o pop.

En Pontevedra soarán éxitos como Roto por dentro, Perdido en la ciudad, Miedo, Sopa fría ou Quédate a dormir.

M-Clan súmase a unha oferta musical que contará, entre outros, con Miguel Ríos, Pastora Soler, Sidecars, La Casa Azul, C Marí ou De Vacas.

A programación das Festas de Verán, pola súa banda, continúa estes días como unha bala con Titirivedra e Itineranta como os pratos fortes da semana.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora