Morgan, Sés, Freedonia, The Charlatans, Muchachito ou Eagle Eye Cherry actuarán na Festa do Marisco

O Salnés
10 de agosto 2018

A Festa do Marisco do Grove, que se celebrará como é habitual no mes de outubro, presentou leste vertes o cartel de concertos que acompañarán á oferta gastronómica

Concerto de Sés no Teatro Principal de Pontevedra
Concerto de Sés no Teatro Principal de Pontevedra / Daniel Santomé

A Festa do Marisco do Grove presentou este venres no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela o cartel de concertos que acompañará o próximo mes de outubro á celebración gastronómica na súa LV edición.

Artistas locais, nacionais e internacionais compoñen unha programación que iniciarase o día 4 de outubro e prolongarase ata sábado día 13.

Morgan, Sés, Freedonia, Australian Blonde, The Charlatans, Muchachito ou Eagle Eye Cherry, entre outros, compoñen a oferta musical no escenario que se instalará na Praza do Corgo.

  • ​Xoves 4 de outubro:  Fla-menco.
  • Venres 5: Morgan, Freedonia.
  • Sábado 6: The Charlatans, Australian Blondie, Pardo.
  • Domingo 7: 5 en Zocas.
  • Luns 8: @De Viño.
  • Martes 9: A Banda do Sequío.
  • Mércores 10: Os Firrás.
  • Xoves 11: Sés, Mercedes Peón, Sonia Lebedinski.
  • Venres 12: Muchachito, Kaydy Cain, Manu TF DJ.
  • Sábado 13: Eagle Eye Cherry, Sexy Sadie, Los Árboles.