A nova edición da Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín se celebrará do 20 ao 23 de agosto.
Este xoves tivo lugar a presentación nun acto no que participaron o director do festival, Daniel Antelo, a escritora e membro do xurado, Elena Gallego, e a concelleira Itziar Álvarez.
Antelo explicou que este ano a programación é máis ambiciosa ca as anteriores edicións do evento, "con máis proxeccións, actividades e obradoiros para a rapazada". Ademais, sinalou que se integra, grazas á colaboración do Concello, o Ciclo Mestre Mateo dentro da programación, "polo que poderemos contar con filmes como As Neves ou Salvaxe".
"Tratamos de escoller pezas que abarquen a distintos públicos", detallou Antelo, que adiantou que o festival de cinema contará coas mesmas seccións de anos anteriores: Filmes Atlánticos, Outras Miradas, Cinema Xove... Todo isto nunha edición con récord de participación: recibíronse máis de 300 curtas e un total de 42 webseries, un formato no que se notou moito "que o MACM pasase a formar parte do circuito internacional de web series".
Ademais, o director adiantou que nesta categoría participará por primeira vez unha webserie feita en Marín onde o universo western de John Balan e o humor cruzaranse para presentar á vila dunha maneira diferente e cinematográfica.
Pola súa banda, a concelleira Itziar Álvarez quixo remarcar a importancia de "dar apoio a iniciativas coma estas, que enriquecen o tecido cultural marinense e que son unha forte aposta persoal, neste caso de Dani, ao que lle agradecemos toda a súa implicación e esforzo". Desexando que esta edición saia "á perfección", Álvarez asegurou que este camiño "ten moito futuro".
Diso precisamente falou tamén a escritora e xornalista Elena Gallego, que se estrea como xurado da selección de filmes e que tamén está a facer os seus primeiros traballos no audiovisual, como produtora e guionista da curta Furancho, "realizada aquí e con xente de Marín" e que poderá ver a luz pronto "para despois poder xirar polo circuito de festivais".
Gallego reivindicou esa importancia de facer cine e cultura desde o local, seguindo a premisa de que "o cine non é só Hollywood" e visibilizando o momento doce que está a vivir o audiovisual galego.
MÉRCORES, 20 DE AGOSTO
Museo Manuel Torres
- 10.30h. Inauguración da Mostra: Marín de Cine - Club Audiovisual
- 11.00h. Web Series World Cup: Jöel Bassaget
- 12.00h. Webseries galegas: conivdados especiais
- 12.30h. Novos Medios: proxeccións
Parque Azul de Cantodarea
- 17.00h. Proxeccións Selección Oficial - Filmes Atlánticos
- 18.00h. Rogelio Santos Queiruga: Especies do noso ecosistema mariño
- 21.00h. Ciclo Mestre Mateo: Salvaxe - Longametraxe documental (Dirección: Emilio Fonseca)
XOVES, 21 DE AGOSTO
Casa de Cultura de Santomé
10.30h. Nuska Chousa: Consellos para o coidado da horta
12.00h. ALTRI NON - A Batalla Definitiva: proxeción e coloquio da man de Mabel Ribera, produtora executiva do documental. Casa de Cultura de Seixo
17.00h. Marín de Cine: potenciar o local a través do cinema
18.00h. Máster Class: creación audiovisual. Hotel Villa de Marín
21.00h. Ciclo Mestre Mateo: Platónico, Platónica, Véxote, Pura e Nai
VENRES, 22 DE AGOSTO
Museo Manuel Torres
10.30h. MAC MARÍN, o primeiro certame adicado ó mercado audiovisual na vila: inicios, contexto e futuro
11.00h. Máster Class: a IA no audiovisual. La Bailona (Paseo Alcalde Blanco)
12.00h. Bea Sotelo: creadora de contido
12.30h. Harley: o can motero e tiktoker. Ateneo Santa Cecilia
17.00h. Máster Class: Creación Audiovisual
17.30h. Cinema Xove: Proxeccións. Finca de Briz
17.00h. Obradoiro Infantil Audiovisual: Efectos especiais
21.00h. Ciclo Mestre Mateo: As Neves - Longametraxe de ficción (Dirección: Sonia Méndez)
SÁBADO, 23 DE AGOSTO
Hotel Villa de Marín
11.30h. MAGO PACO - A Maxia do Cinema
12.00h. Ciclo Mestre Mateo - Sesión Infantil: Eu Vou Comingo, Noites de Prata e Avetimología.
17.00h. Filmes Atlánticos: selección oficial.
18.00h. Outras Miradas: selección oficial.
Museo Manuel Torres
20.00h. Gala de entrega de premios de IV MAC MARÍN (con convite). La Bailona (Paseo Alcalde Blanco)
23.00h. Fin de festa coa actuación da banda Groovin Folks