Música dos anos 20 con Los Hot Chocolates, este mércores na sala Náutico do Grove

O Salnés
10 de agosto 2020

Trátase dunha orquestra que pretende facer chegar ao público unha música agradable e divertida. O concerto forma parte das propostas dos Directos Xacobeo’21 en Salas. A actuación comezará ás 20.00 horas do 12 de agosto con entrada ao prezo de oito euros

Los Hot Chocolates
Los Hot Chocolates / Xacobeo21

Unha orquestra con estilo dos anos 20, Los Hot Chocolates, subirase ao escenario da sala Náutico, en San Vicente do Grove, este mércores 12 de agosto, a partir das 20.00 horas, dentro do ciclo Directos Xacobeo'21 en Salas.

Esta agrupación ofrece unha música  agradabe, divertida e de calidade interpretativa notable. Los Hot Chocolates conta cunha sección rítmica e dúas seccións de ventos, ademais de dúas voces e recrea o Cotton Club do Nova York que tantas veces se recolle en películas norteamericanas. Entre o repertorio poderán escoitarse pezas de jazz, swing e soul.

A entrada ten un prezo de oito euros e este concerto inclúese no ciclo promovido pola Xunta de Galicia para reactivar o sector das salas de concertos galego, que se viu especialmente afectado pola crise económica provocada pola Covid-19. 

O concerto será gravado e poderá verse a través da web do proxecto www.directosxacobeo.com coa intención de potenciar ás bandas creadas en Galicia.