Música e contos teatralizados danse a man no concerto de Nadal da Banda de Música de Salcedo

Pontevedra
26 de decembro 2023

Cun gran éxito de público, a Banda de Música de Salcedo celebrou o seu tradicional concerto de Nadal, que nesta ocasión tivo un concepto innovador, ao mesturar a música dos seus integrantes coa teatralización de coñecidas historias de Nadal

Público no concerto de Nadal da Banda de Música de Salcedo

Cun gran éxito de público, a Banda de Música de Salcedo celebrou o seu tradicional concerto de Nadal, que nesta ocasión tivo un concepto innovador, ao mesturar a música dos seus integrantes coa teatralización de coñecidas historias de Nadal.

O concerto, que se celebrou no auditorio do Pazo da Cultura, contou coa presenza da actriz e directora Cristina Collazo, responsable da compañía A Cova das Letras, que se dedica fundamentalmente ao teatro infantil.

Nesta actuación, coa que esta agrupación pechou o seu ano de concertos, o público familiar gozou con espectáculo moi ameno, con música en directo e a teatralización dos contos.

A Banda de Música de Salcedo aproveitou ademais este concerto de Nadal para realizar unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros, que foron destinados á Fundación Provincial Banco de Alimentos.