'Música nos bares' devolve os concertos en directo ao centro histórico

Pontevedra
07 de outubro 2022

A música en directo volve aos bares de Pontevedra. Farao este sábado 8 de outubro da non do ciclo 'Música nos bares' que, dentro do programa Cabos Soltos, ofrecerá ata catorce actuacións musicais en seis locais do centro histórico

Concerto de Berto no Galegote 2022
Concerto de Berto no Galegote 2022 / Cristina Saiz

A música en directo volve aos bares de Pontevedra. Farao este sábado 8 de outubro da non do ciclo 'Música nos bares' que, dentro do programa Cabos Soltos, ofrecerá ata catorce actuacións musicais en seis locais do centro histórico.

'Música nos bares', que impulsa o propietario de Sala Karma, Marcos Rivas, celebrarase de maneira ininterrompida entre as doce da mañá e a madrugada.

Rusty James & Fringe, o dúo que forman Arturo Delgado e Cora Velasco, serán os encargados de abrir o ciclo, ás 12:00 horas, no Bar Karma. Seguiralle o artista francés Frise Lumiere, á unha do mediodía, en El Pequeño; e Moucho, ás 14.00 horas no Bar Karma.

Neste mesmo establecemento, desde as 15:00 horas, haberá unha sesión DJ a cargo de Fiuza & Company; e ás cinco da tarde, Frida Foxes. A continuación a música volverá al Pequeño con La Casa de los Ingleses, un concerto previsto para as 18:00 horas.

O Diaño sumarase a esta iniciativa ás sete con Malecho & Corbi, tras os que actuará Visi, ás 20:00 horas, en El Pequeño.

Ás 21:30 horas, Uncle Doc & N. Skillzz actuarán no Duarte; a partir das dez será a quenda de La Yuca Funk en O Diaño e ás 22:45 horas Wyygga & Kelloh en The Groove House.

A recta final de 'Música nos bares' chegará desde as 23:15 horas en El Pequeno con La Banda de Atraco e, ás doce da noite, con Charlie Swamp e Diego de la Church.

O fin de festa será na Sala Karma, desde as 01:30 horas, cunha sesión DJ que protagonizará Nuno Pico, o artista coñecido como Grande Amore.