Música, solidariedade e tradición para celebrar o Nadal en Cerdedo

Pontevedra
26 de novembro 2023

O sábado 23 de decembro ás 20:00 horas celebrarase o xa habitual Concerto Benéfico "Nadal de Tradición" no Centro Cultural de Cerdedo. A cita está organizada pola Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, que aproveitará a data para realizar unha recollida de alimentos solidaria que será doada ó Comedor Social do Convento de San Francisco de Pontevedra    

Os Abrentes de Cerdedo
Os Abrentes de Cerdedo

O sábado 23 de decembro ás 20:00 horas celebrarase o xa habitual Concerto Benéfico "Nadal de Tradición" no Centro Cultural de Cerdedo.

Trátase dunha cita fixada no calendario de moitos veciños e veciñas que levan gozando da música tradicional desde o 2003, ano no que se celebrou o primeiro Festival de música tradicional. No 2005 foi o seguinte e xa no 2011 tivo lugar o primeiro Festival de música tradicional en Cerdedo.

Agora, o evento chega á súa sétima edición e contará coa participación das Pandereteiras do Val de Quireza, Tralha da Terra de Montes, A.C. Afoutes do Canon de Pau, A.C. Foula, A.C. os Trazantes de Tenorio e A.C. Os Abrentes de Cerdedo.

A cita está organizada pola Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, que aproveitará a data para realizar unha recollida de alimentos solidaria que será doada ó Comedor Social do Convento de San Francisco de Pontevedra.

O acto o presentará Rubén Troitiño con entrada de balde ata completar aforo.