Na Praza da Curtidoira a cousa 'Vai de monólogos'

Pontevedra
18 de xullo 2021

O humorista Pablo Meixe foi o encargado de subir o sábado ao escenario instalado na Praza da Curtidoira dentro dun ciclo que ten o seu broche final este domingo 18 de xullo

'Vai de monólogos' con Pablo Meixe na Praza da Curtidoira
'Vai de monólogos' con Pablo Meixe na Praza da Curtidoira / Cristina Saiz

O ciclo 'Vai de monólogos' incluído dentro da programación das Festas de Verán 'O Son da Rúa' encara a súa recta final.

Polo escenario da Praza da Curtidoira desfilaron nos últimos días Aldaolado, Isabel Risco, Cándido Pazó e Pablo Meixe,

O último deles foi o protagonista da noite de sábado, demostrando por que é un dos monoliguistas que está a destacar nos últimos anos no panorama galego arrincando as risas dos asistentes.

'Vai de monólogos' chega ao seu fin este domingo 18 de xullo co espectáculo 'Chola, a it girl' a cargo de Artesa Cía, que se presenta como Compañía Escénica Transmedia e combina teatro con audiovisual. Será a partir das 21.00 horas.