Nacho Vegas actuará no Pazo da Cultura o venres 27 de xaneiro

Pontevedra
07 de setembro 2022

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, anunciou o vindeiro 12 de setembro sairán á venda  as entradas para asistir ao concerto de Nacho Vegas o vindeiro 27 de xaneiro no Pazo da Cultura dentro do ciclo Voices. Presentará en Pontevedra ‘Mundos inmóviles derrumbándose’, o seu último traballo

Nacho Vegas presentará en Pontevedra ‘Mundos inmóviles derrumbándose’
Nacho Vegas presentará en Pontevedra ‘Mundos inmóviles derrumbándose’

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, anunciou o vindeiro 12 de setembro sairán á venda en ataquilla.com as entradas para asistir ao concerto de Nacho Vegas o vindeiro 27 de xaneiro no Pazo da Cultura dentro do ciclo Voices.

O cantautor asturiano, que atesoura máis de dúas décadas de traxectoria musical dacabalo entre o folk e o rock, presenta en Pontevedra ‘Mundos inmóviles derrumbándose’, un disco que profunda no seu persoal universo creativo. Un traballo co que estrea discográfica e onde lle acompaña unha nova banda.

Nacho Vegas foi e é unha das voces máis respectadas no ámbito das músicas populares, tanto polo conxunto do sector como pola prensa especializada en España e América Latina.

Nas súas dúas décadas de traxectoria, Nacho Vegas transitou un camiño que lle levou a converterse nun artista de referencia para un público maioritario e transversal. O seu vasto repertorio, inconfundible, profundamente persoal, está construído sobre un imaxinario colectivo e firmemente apoiado na nosa realidade social. As cancións do asturiano retratan o presente non só do noso país, senón de todo o ámbito latinoamericano.

Nacho Vegas está máis preto de autores como Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Cecilia ou outros nomes que forman parte da educación sentimental de varias xeracións de españois e son parte imprescindible do noso patrimonio cultural.

Tras máis de 20 anos de carreira profesional na música, “Mundos inmóviles derrumbándose” xorde, non como un álbum de madurez, senón como un álbum de plenitude.

Todo o que fixo grande a Nacho Vegas no pasado está aquí: a pluma afiada, a introspección, a aguerrida crítica social, o íntimo e confesional, e esas melodías que se instalan no oínte desde a primeira escoita, Vegas ábrese en canle en cada canción e ofrece todo o que ten dentro, cun compromiso moi difícil de ver na música actual, e reinventándose en pleno século XXI cun son máis luminoso e orgánico.