Neira Vilas recibe o premio Otero Pedrayo por ser un ''activista literario''

Pontevedra
09 de outubro 2014

"Espero merecelo e se non, tratarei de merecelo non tempo que quede", dixo Xosé Neira Vilas minutos antes de recoller o premio Otero Pedrayo pola súa longa traxectoria

Neira Vilas recibe o premio Otero Pedrayo
Neira Vilas recibe o premio Otero Pedrayo

"Espero merecelo e se non, tratarei de merecelo non tempo que quede", dixo Xosé Neira Vilas minutos antes de recoller o premio Otero Pedrayo pola súa longa traxectoria.

O salón de plenos da Deputación de Pontevedra vestiuse de gala para acoller a cerimonia de entrega deste premio.

Un coetáneo seu, ambos os dous naceron en novembro de 1928, Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, describiu no seu discurso a Neira Vilas como un ''activista literario''.

Os presidentes da Xunta e a Deputación, Alberto Núñez Feijóo e Rafael Louzán, gabaron o seu traballo como escritor, polo seu papel tanto en Arxentina coma en Cuba en defensa do idioma.

ÿ unha "referencia fundamental" dixo Feijóo e un personaxe "que sempre fixo todo a favor de Galicia e en contra de ninguén", de maneira que o país necesita "a moitos homes coma el".

Pola súa banda, o escritor de Vila de Cruces asegurou estar "moi honrado" polo recoñecemento.