O arquitecto Mauro Lomba inaugurou este venres 17 o novo local coa intención de convertilo en espazo multidisciplinar no centro histórico de Pontevedra.
Nemonon está situado agora na Praza da Ferrería número 1 e abre unha nova etapa como punto de encontro entre a arquitectura e outras expresións artísticas e culturais.
A apertura do local celebrouse cunha exposición titulada 'Nubes e claros - Voar co pensamento', que contou coa participación do escritor e pedagogo Xaime Toxo, e do propio Mauro Lomba.
As fotografías das obras expostas amosan algúns dos nosos proxectos, sempre coa intención de potenciar a arquitectura centrada nas persoas en conexión coa natureza.
O acto estivo amenizado musicalmente por Mario Diz, director da Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela, quen interpretou pezas de Bach e Manuel Quiroga, ademais dunha composición propia, "Psyqué, Tan-go!", que foi estreada durante o evento.
Este novo centro cultural e estudo de arquitectura manterá as súas portas abertas en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas os días laborables.
Segundo explicou Lomba, Nemonon aspira a ser "unha fragua da cultura creativa" que acollerá propostas de diferentes disciplinas artísticas e fomentará o intercambio de coñecementos entre profesionais do sector cultural.
O Espazo Nemonon mantivo durante anos a súa sede no edificio de Villa Pilar na rúa Riestra. Agora afronta unha nova etapa noutro punto céntrico da cidade coa intención de se converter en corazón cultural de Pontevedra.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.