O agardado concerto de Mahmood en Pontevedra xa ten data: o 12 de maio de 2024

Pontevedra
09 de maio 2023

Pontevedra é unha das catro cidades españolas que poderán gozar en directo do artista italiano Mahmood. Actuará no Pazo da Cultura o 12 de maio de 2024. Farao no marco da xira de presentación do seu novo disco que o levará por media Europa a partir de abril do próximo ano

Mahmood
Mahmood / Friends&Partners

Pontevedra é unha das catro cidades españolas que poderán gozar en directo do artista italiano Mahmood. Actuará no Pazo da Cultura o 12 de maio de 2024.

Farao no marco da xira de presentación do seu novo disco que o levará por media Europa a partir de abril do próximo ano.

O concerto de Mahmood estaba previsto inicialmente para novembro de 2022, pero o atraso na gravación deste novo traballo discográfico obrigou a pospoñer a súa xira.

Aos seus 31 anos, Mahmood é unha das grandes estrelas da nova xeración de cantautores italianos. De orixe sardo-exipcio, saltou á fama tras competir na versión italiana do talent show The X Factor, emitido en España por Telecinco.

En 2019 gañou o Festival de San Remo coa canción Soldi, coa que representou a Italia en Eurovisión. A súa segunda praza no festival europeo da canción catapultouno á fama mundial e alcanzou os primeiros postos nas listas de éxitos de toda Europa.

Tres anos despois, en 2022, repetiu triunfo en San Remo e, esta vez acompañado do cantautor e rapero italiano Blanco, volveu a Eurovisión. A súa balada Brividi quedou en sexta posición.

Editou dous discos, Gioventù bruciata (2019) e Ghettolimpo (2021), ao que se sumará agora un terceiro disco co que virá a Pontevedra.