'O Camiño andado das Letras', un percorrido pola historia da cultura galega da man de Polo Correo do Vento

Pontevedra
13 de marzo 2023

A iniciativa consiste na publicación diaria na web da Deputación de Pontevedra de fichas didácticas, orientadas ao público infantil e adulto, sobre a vida e obra de todas as personalidades homenaxeadas no Día das Letras Galegas realizadas pola empresa Polo Correo do Vento  div>

Unha das pezas didácticas da man de Polo Correo do Vento
Unha das pezas didácticas da man de Polo Correo do Vento
Polo Correo do Vento, empresa que traballa na elaboración de contidos e na difusión e realización das actividades vinculadas á cultura galega, vén de realizar 
'O Camiño andado das Letras', un proxecto para celebrar o 60º aniversario do Día das Letras Galegas cun percorrido polas persoas ás que se lle dedicou historicamente a data máis importante da literatura galega.
 
Trátase dunha iniciativa que consiste na publicación diaria na web da Deputación de Pontevedra de fichas didácticas sobre a vida e obra de todas as personalidades homenaxeadas nas Letras desde o 23 de febreiro, Día de Rosalía, ata o 17 de maio, data na que o protagonista será Francisco Fernández del Riego, escritor ao que se lle dedica este ano 2023.
 
Cada autor ou autora é protagonista de dúas pezas didácticas, unha destinada ao público infantil e outra ao público adulto. Nelas inclúese unha ilustración, unha pequena biografía, un apartado de ‘grandes éxitos’ e un texto significativo da súa obra, así como unha pequena cita ou comentario de Fernández del Riego sobre a personalidade en cuestión.