A Asociación veciñal Salcedo Norte, con sede no Centro Sur de Pontevedra, organiza un "Mercadillo de novos talentos".
Será este domingo, 17 de decembro, de 11 a 20 horas, no Centro Sur e nel participarán artistas e artesáns que expoñerán as súas obras para a venda "a prezos módicos".
Ademais haberá varios talleres gratuítos de origami, de decoración de galletas de xenxibre, de debuxo manga, concursos infantís de pintura, postos de comida, doces do Nadal e sorteos.
Desde a Asociación Salcedo Norte aseguran que vai ser "un día diferente para pasar en familia e colaborar con mozos emprendedores" e esperan "que resulte unha actividade de interese para todas as persoas que se acheguen ao noso centro social para alcanzar o éxito de público desexado".
Ademais nesta xornada recolleranse alimentos non perecedoiros para doar ao Banco de Alimentos de Pontevedra.