O Cineclube despedirá 2020 con "Longa noite" de Eloy Enciso

Pontevedra
29 de novembro 2020

Chega o momento para que o Cineclube Pontevedra baixe o pano por este ano. Pero vaise a despedir por todo o alto. Farao coa proxección dunha das películas galegas más importantes dos últimos anos. Trátase de Longa noite, do realizador lucense Eloy Enciso

Fotograma de "Longa noite" de Eloy Enciso
Fotograma de "Longa noite" de Eloy Enciso / Cineclube Pontevedra

Chega o momento para que o Cineclube Pontevedra baixe o pano por este ano. Pero vaise a despedir por todo o alto. Farao coa proxección dunha das películas galegas más importantes dos últimos anos. Trátase de Longa noite, do realizador lucense Eloy Enciso.

O filme, grazas á colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia, poderá verse o martes 1 de decembro ás oito da tarde no Teatro Principal. As entradas serán de balde e poderanse recoller a partir das sete na billeteira do teatro.

Longa noite é unha orixinal indagación na posguerra española a partir da historia de Anxo, un home que regresa ao seu pobo no interior de Galicia.

Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario.

A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse na longa noite franquista. As pantasmas que todos crían esquecidas invadirán o presente.

Con motivo do peche da programación, o Cineclube Pontevedra agradeceu todas as mostras de apoio recibidas nestes últimos meses atravesados por protocolos covid-19, toques de queda, cambios de aforo, horario e incertezas varias.

"Grazas por apoiarnos en tempos tan hostís e grazas por facer evidente que, á parte dun ben esencial, a cultura é segura", destacan os seus responsables.