'O Corno' e Jaione Camborda, gañadora da Cuncha de Ouro, ateigan o Multiusos de Arcade

Soutomaior
22 de outubro 2023

A directora participou nun coloquio co público asistente despois da proxección da película no recinto do concello de Soutomaior. Tamén asistía Mario, un dos rapaces do municipio que formou parte da rodaxe

Público no Multiusos de Arcade para ver 'O Corno'
Público no Multiusos de Arcade para ver 'O Corno'

Noite de cinema de alta intensidade no Multiusos de Arcade. Este sábado proxectábase 'O Corno', da directora Jaione Camborda, que resultaba gañadora da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián 2023.

Trátase da primeira vez na historia que unha muller logra o prezado galardón e tamén a primeira película en conseguilo neste festival cinematográfico cunha rodaxe nunha lingua cooficial, o galego.

Ante a cita, o público encheu o recinto nun acto impulsado por Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, e ao que asistía Mario, un dos nenos do municipio que participou na rodaxe da película.

Ao final da proxección desenvolvíase un coloquio entre a directora e o públco que se interesou pola simboloxía que se esconde no filme.

O alcalde agradeceu a presenza da veciñanza de Soutomaior e sinalou que o municipio é un referente na comarca e unha potencia cultural.